domingo, 16 de xuño de 2013

IMAXÍNANSE

Imaxínanse un país onde o dereito universal á sanidade non exista? Onde as persoas vivan ou morran segundo se contan cun papel de "residencia" emitido por un goberno? Imaxínanse un país onde o despedimento universal e gratuíto sexa unha realidade e as persoas empregadas se despidan para esixirlles que se queren seguir cobrando o seu desemprego traballen gratuitamente para as administracións?
Imaxínanse un país onde a educación pública non o sexa tanto porque os que queren acceder a ela teñen que pagar taxas tan elevadas que se ven condenados a abandonar o seu intento de formarse na universidade? Imaxínanse un país onde día tras día se desmantelen infraestruturas públicas de transporte como o ferrocarril illando municipios e rexións? Imaxínanse un país onde a taxa de desemprego xuvenil roce e 60% e onde máis de seis millóns de persoas estean desempregadas? Imaxínanse un país onde a sanidade pública se despece para darlla a pedacitos como negocio a empresas privadas vinculadas ao partido do Goberno? Imaxínase un país onde máis de 300.000 persoas emigren por falta de posibilidades laborais? Imaxínanse un país onde os dereitos laborais da clase traballadora non exista nin se cumpran os convenios colectivos? Non fai falta que o o imaxe máis. É España.
Cada día que pasa o noso país dá un paso máis no seu intento de rematar cos dereitos e liberdades. Estamos peor que hai dous anos, que xa a política de mercadotecnia azul do PP non impide que a cidadanía observe con indignación como a socialización das perdas desta crise ocasionada pola voracidade das clases neocapitalistas é unha realidade que día a día tensa unha corda que cada día que pasa esta máis preto de romper.
Hoxe, a prioridade do Goberno debería de ser o abandono das súas políticas de austeridade e recortes para dar paso a un gran pacto de estado con todas as forzas políticas, sociais e empresariais, un acordo que a xeito duns segundos pactos da Moncloa sirva para redirixir un barco que hoxe se escora facía o seu afundimento e con iso o da credibilidade das institucións, algo que de acontecer arrastraría aos dous partidos políticos maioritarios da esquerda e a dereita do noso país ao marco político onde o fin do bipartidismo político sería unha realidade.

Ningún comentario: