domingo, 23 de xuño de 2013

SACANDO PEITO

Domingo Tabuyo
Domingo Tabuyo
Xa saben vostedes, os que mandan en Europa non nos obrigan a nada, tan só recomendan que fagamos tal ou cal reforma. Non nos mandan, suxiren que reflexionemos… somos absolutamente autónomos e libres de tomar as nosas propias decisións.
Iso foi o que dixo Rajoy, sempre sacando peito vía prensa, mentras que Alemania nos saca os colores en público e levantando acta, polos erros que sempre atopan nos cálculos que lles presentan os nosos economistas. Por suposto que non ten pensado subir impostos, de momento… nunca un adverbio temporal tivo tanta importancia.
Mentras, Andalucía pon en marcha unha medida para garantir que 50.000 nenos poidan comer incluso en vacacións. Recoñezo que quedei afectado ao coñecer tan escalofriante cifra. E congracieime coa política, coa que resolve problemas e axuda aos máis débiles do sistema. Por descontado, o PP criticou a medida por demagóxica e populista. Pero miles de familias, de tódalas ideoloxías, poderán durmir hoxe máis tranquilas.
Dende os gobernos populares se convirte en estándar o uso de terminoloxías de austeridade e aforro, para que cale no cidadán o discurso da eficiencia no gasto. Pero pronto descubrimos que a realidade ten moi pouco que ver propaganda creada.
Os problemas continúan e as promesas de Feijoo cotizan á baixa, nunha sociedade onde as enquisas do CIS sobre valoración dos líderes políticos reflexan a friaxe que domina entre a cidadanía e os seus partidos políticos. Non aproba nin Feijoo, pero non se pregunta polas fotografías polémicas con Dorado, nin polos acordos que dicía asinados con México para construcción navais… Vamos que fai o exame co libro ¡E nin con esas!

Ningún comentario: