sábado, 20 de setembro de 2014

MOBILIZACIÓN CLIMÁTICA DOS POBOS

En setembro, numerosos xefes de Estado e de goberno de todo o mundo acudirán en Nova York a un cumio histórico sobre o cambio climático. Co noso futuro en xogo, imos consagrar un fin de semana a cambiar o curso da historia.

Para facer que este momento conte, necesitamos actuar - xuntos. En todo o mundo, a xente reunirase para un fin de semana de acción sobre o cambio climático que pasará á historia. A nosa demanda colectiva é "Acción, No Palabras,": Tomen a acción necesaria para crear un mundo cunha economía que funcione para as persoas e o planeta.

Dende accións de desinvestimento en Europa ata marchas contra o carbón na India e reunións anti-fracking en América Latina, poñeremos o foco sobre as nosas campañas especiais e as batallas locais en todo o planeta.

Organice un evento na súa comunidade e únase ao fin de semana da acción.

Pense neste fin de semana como unha oportunidade de combinar os seus esforzos cos doutros na súa comunidade, porque necesitamos demostrar aos asistentes ao cumio de Nova York a nosa forza en números. Vostede pode organizar marchas, manifestacións, talleres, tomar unha fotografía de grupo nun sitio icónico -- o que vostede decida! O que é realmente importante é dicilo ao mundo que é o momento das Acción, non Palabras sobre o cambio climático.
Rexistre o seu evento para facer que o movemento sexa aínda maior. Vostede poderá invitar os seus amigos e contactar coas persoas que se inscriban no seu evento. Máis abaixo encontrará suxestións de actividades que pode levar a cabo na súa rexión.

Non esqueza enviarnos as súas fotografías e compartilas nas redes sociais usando o hashtag #peoplesclimate.
Despois de rexistrarse, enviarémoslle recursos adicionais para asegurarse de que o seu evento sexa un éxito. Poderá evitar a información do seu evento máis tarde, así que non fai falta que o teña todo pensado por agora -- o importante é empezar, así que rexistre o seu evento aquí debaixo!

Ningún comentario: