mércores, 31 de maio de 2006

XOSE M. SOUTO, CATEDRATICO


Entrevista

XOSÉ MANUEL SOUTO GONZÁLEZ
.
O PXOM de Vigo: aínda queda moito por facer

No transcurso do debate do pleno municipal do pasado día 19 de Maio, onde se aprobou provisoriamente o PXOM de Vigo, chamoume a atención unha opinión: «Nós xa fixemos os deberes». Pois vai ser que non. En primeiro lugar, porque o documento aínda ten que ser avaliado pola Xunta de Galicia e, despois, porque se aventura unha morea de reclamacións xurídicas, dado o xeito no que se levou o proceso.

-Pero sobre todo porque o PXOM tería que establecer un modelo para o futuro da cidade, tal como dixeron na aprobación inicial os redactores do documento. Un modelo non se pode impoñer, hai que negocialo coas persoas que van construír a cidade, pois esta non é só urbs, ou sexa territorio construído, senón civis e polis, o que significa vida social, onde conflúen as expectativas individuais e os intereses colectivos.
-Son moitas as cousas que un quixera escribir arredor do PXOM, na liña do argumentado no Boletín de Estudos Vigueses . Pero as regras do xornalismo implican abreviar. Por iso vou tratar de avaliar o PXOM de Vigo cos ollos e racionalidade da Estratexia Territorial Europea (ETE), aprobada en Potsdam no ano 1999 e que sirve como referencia ao planeamento dos Estados e rexións europeas.
-Os tres grandes obxectivos desa estratexia son: sistema policéntrico, acceso ás infraestruturas e desenvolvemento sustentable. Isto compleméntase coas directrices de coordinación, cooperación e competitividade. Imos ver qué pasa co PXOM de Vigo.
-O sistema policéntrico supón delimitar un conxunto de núcleos multifuncionais, para evitar gasto enerxético en desprazamentos entre vivenda e comercio, traballo, xestións administrativas... O PXOM reduciu de 95 a 11 os núcleos do Plan de 1993. ¿Por que? A resposta da equipa redactora é: «A realidade non é a que cren os alegantes e a lei, pasaron dúas leis despois do Plan de 1993, establece criterios de clasificación que non son os dos alegantes». Ou sexa, descualifican aos alegantes por unha interpretación que eles fan da lei. Pero en ningún caso hai referencia ao modelo de cidade policéntrica. Aínda máis, cando se proxecta a poboación para o futuro, non se ten en conta o que sucede nos municipios e vilas máis próximas, que están a medrar máis ca cidade central, o que significa que se poden botar as bases dun sistema policéntrico urbano. Pero isto non merece a atención da equipa redactora nin dos políticos que aproban o PXOM.

venres, 26 de maio de 2006

ALGO GRAVE TEN UN PLAN


«Algo grave ten un Plan con 61.000 alegacions»
.
O urbanista Fernando Prats disertou onte á noite no centro social Caixanova sobre o crecemento sostible invitado por Outro Vigo é posible, asociación critica co Plan Xeral. Prats aludiu á situación da cidade e asegurou que «algo grave ten un Plan que conta con 61.000 alegacions».
Tampouco considerou adecuada a súa vixencia de venticinco anos e pediu tento para acertar co modelo de cidade «pois un erro tería graves consecuencias».

sábado, 20 de maio de 2006

ÉTICA OU DESTRUCIÓN

Se antes da aprobación inicial do PXOM dicíamos que o Plan era insostible; a aprobación provisional, foi precedida pola nosa declaración de que o Plan Xeral non cumpre coa lei. Ambas afirmacións están baseadas en ditames independentes, serios e rigorosos, elaborados por expertos en medio ambiente e en dereito urbanístico A aprobación do Plan Xeral de Vigo é unha cuestión de estado. Se vivimos nun estado social, democrático e de dereito, o Plan Xeral de Ordenación Municipal é un Plan antisocial porque prexudica aos máis desfavorecidos ao ser un Plan que leva o xene da especulación no seu ADN. Carece de lexitimidade democrática porque conculca o dereito de participación social efectiva. E é un golpe ao estado de dereito, porque é un Plan que non cumpre a lei.O Plan Xeral non é un Plan Xeral, nin é de ordenación, nin é municipal. Non é un Plan Xeral porque carece de dotacións básicas e xerais. Non é de ordenación, senón que é de urbanismo, porque a construción indiscriminada é a súa única preocupación; e non é municipal porque non atende ás necesidades da maior parte do territorio do Concello, onde habita a terceira parte da poboación.Así como a resistencia á imposición do PXOM de Vigo -un Plan do PP e BNG, favorable a grupos de interese- contribuíu a iniciar o cambio político en Galicia, a anulación do Plan Xeral marcará definitivamente a transformación democrática na nosa comunidade, e será unha constatación de respecto ao país e ao pobo, e o comezo da conta atrás no propio Concello.O Presidente da Xunta non pode esquecer ao pobo de Vigo, nin darlle as costas, logo de cinco anos de loita por facer comprender ao PP e BNG que o Plan Xeral de Vigo debe ser razoable nas súas previsións, respectuoso co medio ambiente e coa cidadanía de Vigo, e ordenar a acción sobre o territorio de maneira que a actividade humana non o degrade irreversiblemente, senón que, pola contra, contribúa a que o progreso sexa sostible. Polo que respecta ao PP, BNG e PG de Vigo, perante o seu voto, dicimoslles: ética ou (auto)destrución. Hoxe, máis que nunca, é imposible pensar que o que estan a facer na casa do concello non vai ter consecuencias: desde as ecolóxicas e sociais ata as persoais e políticas. Se a lealdade ao pobo non está por encima da lealdade ao propio partido, como dixo recentemente un concelleiro do PP, estase a votar polo interese do partido e non polo interese xeral.Alternativa Veciñal, desde unha posición responsable e construtiva, puxo a disposición do Concello de Vigo un ditame -externo e independente- que contén argumentos técnicos, fiables e rigorosos suficientes para, en base ao principio de precaución e seguridade xurídica, votar onte non a este Plan Xeral
Vigo, 20 de Maio 2006

venres, 19 de maio de 2006

APROBACIÓN PROVISIONAL DO PXOM


O CONCELLEIRO DE URBANISMO, COMENTA O EXAMEN DE LEGALIDADE (DITAME XURIDICO) ELABORADO POR ALTERNATIVA VECIÑAL, NO PLENO PARA A APROBACIÓN PROVISIONAL DO PXOM (19 MAIO 2006)

APROBACIÓN PROVISIONAL DO PXOM


APROBACION PROVISIONAL DO PXOM

xoves, 18 de maio de 2006

VIVENDAS NO LITORAL

O PXOM PREVÉ NAS PARROQUIAS DO LITORAL 31.500 PISOS
.
O Concello favorece unha forte expansión urbanística desde Alcabre ata Saiáns
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Os técnicos municipais elevan a 144.000 as novas vivendas que poderán construírse en Vigo ao abrigo do Plan Xeral. Delas, unhas 122.000 sitúanse no rural.
-As recalificacions de terreos sitúan a Lavadores, Teis, Sárdoma e Cabral como as parroquias que sufrirán unha maior presión urbanística. Algunhas poderían multiplicar por dez o seu actual parque residencial se desenvolven ao máximo as posibilidades do PXOM.
-A zona litoral non se libra do desarrollismo polo que aposta o documento: Saiáns, Oia, Coruxo, Navia e Alcabre suman 31.500 novos pisos co previsto

ENTREGA DITAME XURÍDICO NA XUNTA

luns, 15 de maio de 2006

A NOVA DEPURADORA

Narbona acusa a Corina Porro de atrasar a nova depuradora de Vigo
.
Advirte de que a obra é urxente xa que a ría recibe cada día miles de litros sen filtrar
A ministra sostén que non se poderá facer nada mentres o plan xeral non fixe unha ubicación
.
A ministra de Medio Ambiente aproveitou onte a súa visita a Galicia para lanzarlle un balonazo ao goberno municipal vigués. Cristina Narbona advertiu á alcaldesa Corina Porro de que o seu departamento non poderá facer nada en relación á futura estación depuradora mentres o Concello non fixe un emprazamento no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). «Iso está parado ata que non se nos diga que terreos hai e non debería demorarse -dixo a ministra- porque estamos falando dunha situación de extrema urxencia».
- Segundo os datos facilitados a semana pasada pola Xunta, A ría de Vigo recibiu en marzo ata 900 litros por segundo de residuos urbanos sen filtrar. O propio conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, recorreu a unha expresión dramática para describir a situación do ecosistema vigués. «Está na uvi», dixo no Parlamento.
Problemas en Bouzas
-A versión exposta onte en Galicia por Narbona coincide coa defendida pola Xunta e polo grupo municipal socialista no Concello de Vigo. Pero nas filas do PP relatan as cousas de xeito diferente. Os populares sosteñen que o seu partido ten moi claro que a nova infraestructura de saneamiento debe levantarse sobre o recheo de Bouzas e que o máis lóxico é esperar a coñecer o estudo que está elaborando o departamento de Narbona sobre as necesidades de saneamento da ría de Vigo.
-O problema ao que se enfronta a cidade para definir o emprazamento é que o recheo de Bouzas é propiedade da Autoridade Portuaria, que se mostra pouco partidaria de situar alí a nova infraestructura de saneamento e que está máis pendente da ampliación dos peiraos para captar máis contenedores. O Consorcio da Zona Franca, que está precisamente no recheo de Bouzas, tamén se pronunciou en contra da operación que propón o PP.

sábado, 13 de maio de 2006

A XUNTA DE GALICIA DEBE DENEGAR A APROBACIÓN DEFINITIVA DO PXOM

NOTA DE PRENSA
.
Alternativa Veciñal considera que a Xunta de Galicia debe denegar a aprobación definitiva do Plan Xeral do Concello de Vigo, en base ás gravísimas carencias, referentes á legalidade do devandito Plan, que se describen exhaustivamente no dictame que se entregou hoxe a cada un dos membros da Corporación Municipal, ao Xerente de Urbanismo e máis ao Secretario do Concello.
-Non se trata de carencias puntuais nos contidos nin na documentación. No informe fanse constar, en base á lexislación vixente, serias deficiencias na Memoria Xustificativa, Económica, Estudo de Sostibilidade, Cualificación do Solo e Presentación dos planos de información e ordenación, entre outras.
-Ademais, detéctase a ausencia de trámites de procedemento de carácter esencial que obrigan a retrotraer o procedemento administrativo á súa fase inicial ou ser reformulado para evitar que se repitan as consecuencias dos litixios que se veñen producindo nos últimos anos. A seguridade xurídica do Plan debe ser unha finalidade de primeira orde e o PXOM non cumpre este obxectivo.
-Por outra banda, as modificacións do contido do PXOM no decurso dos pasados meses e a resposta ás alegacións presentadas a través da páxina web, e non por escrito, supoñen unha flagrante vulneración das garantías de participación cidadá no planeamento urbanístico e esixen unha nova exposición pública do PXOM.
-Como non parece que o PP e o BNG estean dispostos a emendar as graves deficiencias que presenta o documento, terá que ser a Xunta de Galicia quen tome a decisión última e devolva o PXOM, ao Concello vigués, nun exercicio de independencia política.
-Alternativa Veciñal, acolléndose ao dereito que asiste a calquera cidadán de esixir diante dos órganos administrativos o cumprimento da lexislación e do planeamento urbanístico, fará chegar ao Goberno Galego os informes e as peticións correspondentes se, como é previsible, o PXOM pasa o trámite de aprobación no Pleno do Concello de Vigo.
Vigo, 13 de Maio 2006

ENTREGA DITAME XURÍDICO NO CONCELLO

venres, 12 de maio de 2006

PUBS EN NOVOS EDIFICIOS

Para o PP, 45.000 clientes semanales «xustifican» que haxa pubs en edificios
.
Figueroa alega que se restrinxe as licenzas aos bares con música recorrerase á picaresca
.
A nova normativa urbanística deixa aberta a porta á instalación de máis locais no centro.
..
.
O Plan Xeral recibe o visto bo da xunta de goberno
.
O goberno municipal xustificou onte a súa decisión de dar marcha atrás e non incluír no novo Plan Xeral a prohibición de abrir locais de copas en zonas da cidade de uso residencial, ou o que é igual nos baixos de vivendas, porque, en palabras do concelleiro de Urbanismo José Manuel Figueroa, hai 45.000 persoas que saen os fins de semana. Entende que se trata dunha realidade social que hai que compatibilizar co descanso, tendo en conta que Vigo é tamén unha cidade de servizos.
Segundo Figueroa, sería de moi difícil aplicación non facer compatible o uso residencial cos locais nocturnos e restrinxir as licenzas para a súa apertura porque iso incitaría á picaresca. Neste sentido explicou que, se o Concello non concedese novas licenzas para bares con música, a xente a solicitaría para establecementos sen música, aínda que despois tivésea.
.
Polémica
.
A resposta suscitou airadas críticas do socialista Mauricio Ruiz, quen lamentou que o propio goberno local poña en dúbida as regras de convivencia da cidade e diga que non se aproba unha prohibición porque non se pode facer cumprir, algo que podería significar unha incitación. Para Ruiz, a solución noutras cidades pasa por delimitar zonas para os locais de copas que non se atopan situados preto de lugares de uso residencial.
O equipo redactor do Plan Xeral estimara en xaneiro unha alegación da Asociación Viguesa Contra o ruído para facer constar no documento a incompatibilidad dos bares de copas coas zonas de uso residencial, entre as que se inclúen a maioría das rúas da cidade que na actualidade acollen estes locais.
A lexislación vixente sobre ruído establece que o Plan Xeral ten que incorporar a categoría acústica, o que significa a delimitación de zonas de sensibilidade. O goberno municipal, asegura que se poden declarar zonas saturadas sen problemas e que o tema dos ruídos regularase co mapa acústico e a nova ordenanza. Para o BNG trátase dun problema complexo que, segundo Henrique Vieitez, require de estudos para detectar as zonas de ruídos.

xoves, 11 de maio de 2006

PRESENTACIÓN DITAME XURÍDICO


SALA SARGADELOS (URZAIZ)

O PXOM NON CUMPRE CO MEDIO AMBIENTE

NOTA DE PRENSA
.
A Xunta de Galicia ou os Tribunais de Xustiza impedirán a aprobación do PXOM de Vigo

Alternativa Veciñal, un movimento veciñal de base, crítico co PXOM de Vigo, apoiado no presente dictamen, chega a seguinte conclusión:

O PLANO XERAL NON CUMPRE COA LEI

Non respecta, por exemplo, a lexislación de augas, a lexislación urbanística, nin a lexislación ambiental.

Polo tanto:

1. Non debería ser aprobado polo Concello de Vigo, porque constituiría un acto de aprobación que sería de por si NULO.

2. Como esta é a nosa convicción, queremos informar a toda a Corporación Municipal desta realidade para que, chegado o momento de votar este Plano, dispoña de toda a información legal. Se obran como defensores da legalidade, non poderán senón, votar en contra.

3. Se a pesares de iso, o Concello de Vigo aprobara este Plano, que é nulo, esta aprobación provisoria nunca poderá ser definitiva, porque a Xunta de Galicia disporá das conclusions de este dictamen, que lle obrigará a rexeitalo.

4. Co cal a solución é que, tarde ou cedo, volva a redactarse, desde o seu comenzo, un novo Plano Xeral.

VIGO,11 de Maio de2006

martes, 9 de maio de 2006

OS TECNICOS DO CONCELLO


Os funcionarios non asumen o deseño de Praza de España, Beiramar, Guixar e Álvarez
.
O informe definitivo elaborado polos técnicos do Concello aseguran que non fai falta unha nova exposición pública nin pon impedimentos á aprobación do Plan Xeral. Iso si, desmárcase da ordenación detallada elixida finalmente polo equipo redactor para 23 zonas da cidade.

Os funcionarios alegan que Beiramar, Guixar, Praza de España, Álvarez, Tomás Alonso, Samil, Mantelas, Cruceiro e Estación-Cárcere, entre outras, son urbanizacións que responden a un criterio exclusivo de Consultora Galega «non necesariamente asumido» por eles. O informe asínano o arquitecto Antonio Alonso, o avogado Francisco de Cominges e o enxeñeiro Juan Aguirre.
.
Alegacions
.
Outra dos cambios introducidos polo equipo redactor refírese ás alegacions. A revisión efectuada nas últimas semanas sáldase con máis desestimacións das que anunciara fai un par de meses. Case 28.000 das 61.000 alegaciones presentadas polos vigueses foron rexeitadas ou se deixaron sen contestación. Trátase dun 45,7%. Outras 24.473 (o 40,05%) resultaron parcialmente estimadas e só 8.644 (o 14,1%) foron aceptadas na súa totalidade.

Pasos

O concelleiro de Urbanimo, José Manuel Figueroa, confirmou onte que o pleno para a aprobación provisional do PXOM celebrarase moi probablemente o día 19. A xunta local de goberno aprobará o expediente o xoves, o vindeiro luns levarase á Xerencia de Urbanismo e a sesión plenaria fixará a próxima semana a xunta de portavoces.

martes, 18 de abril de 2006

O PXOM VULNERA A LEXISLACIÓN VIXENTE

NOTA DE PRENSA


Alternativa Veciñal, diante das informacións aparecidas nos medios de comunicación respecto a unha posición da Xunta de Galicia favorable ó proxecto de PXOM de Vigo, quere facer constar o seguinte:
1. O proxecto de PXOM de Vigo, tanto polo que respecta a súa tramitación como polo seu contido, vulnera a lexislación vixente.
2. Non se trata de cuestións formais nin de detalle; é un problema de fondo.
3. Dictames xurídicos que estudan o PXOM desde dous ámbitos:
· a sostibilidade
· a legalidade das normas de obrigado cumprimento
son concluíntes:
O PXOM está mal feito, é ilegal. Debe comezarse de novo.
4. Abondando no tema, distintas alegacións e informes, incluído o do anterior Goberno da Xunta, poñen de relevo erros de fondo calado que indican que non hai un modelo de cidade nin de concello, senón unicamente un modelo urbanistico inflacionario, que se pretende xustificar a calquera prezo.
5. Niguén pode negar a relevancia da contestación por parte da cidadanía a este Plan e as súas consecuencias.
6. A Xunta de Galicia debe ter en conta as directivas que emanan da U.E. xa que neste momento se están a executar multas e sancións na Ría de Vigo en materia medioambiental por incumprimento da normativa europea.
7. En definitiva, o novo Goberno da Xunta, o Sr. Presidente que prometeu “o cambio”, a “protección da costa”, o desenvolvemento sostible e “escoitar á cidadanía”, ten agora unha ocasión de ouro para demostralo, afastándose dos intereses especulativos e escuros daqueles que apoian o PXOM contra vento e marea.

Vigo, 18 Abril 2006

luns, 17 de abril de 2006

O PXOM MAIS CONTESTADO

Vigo converte o Plan Xeral do PP no máis contestado da historia
.
Máis de 60.000 veciños asinaron alegacions ao deseño urbano previsto ata o ano 2020
.
A incerteza nas infraestructuras e a excesiva edificabilidade centran as protestas.
.
O documento urbanístico que deseña o crecemento de Vigo ata o ano 2020 é xa o máis polémico da historia. Pese ao esforzo de PP e BNG por presentar este plan como «o do consenso», a forte contestación cidadá tensou ao máximo a política municipal. Foron as diferenzas no modelo de cidade as que romperon o goberno PSOE-BNG un ano logo das municipais, e segue sendo o urbanismo o que apontoa unha estraña alianza PP-Bloque.
-A cidade non renova o seu PXOM desde 1989. O máis parecido foi a adaptación daquel plan á Lei do Solo en 1993. Entón presentáronse 3.500 alegacions e fixeron falta catro meses para contestalas. Agora, máis de 50.000 vigueses apostillaron o plan redactado por Consultora Galega. E o goberno local pretende despacharlas nun mes e medio. A necesidade de levar ao pleno de xuño o PXOM para garantir a súa aprobación antes das autonómicas obrará o milagre: o mesmo Concello que tarda 16 meses en tramitar unha licenza de obra contestará as queixas ao Plan Xeral a un ritmo de 1.200 por día.
-José Manuel Figueroa, responsable de Urbanismo e principal estratega do consenso, utilizou todos os seus resortes para minimizar as protestas. Ridiculizó as dúas manifestacións que sacaron á rúa a 4.000 e 8.000 vigueses porque foron «tres ou catro problemas puntuais noutras tantas parroquias da cidade». E reduciu como un jíbaro as 50.000 alegaciones para deixalas nun cento, «porque o resto son fotocopias».
-Desenvolver o plan custará 3.200 millóns de euros e creará 123.000 vivendas novas (o dobre das actuais), porque prevé cen mil novos habitantes ata o ano 2020. Se recalifican 500 ámbitos estendendo un 80% a mancha urbana cara ao rural e medio centenar de zonas albergarán torres entre as 12 e as 20 alturas. Ademais, o documento inclúe todos os montes de Vigo entre as novas zonas verdes.
-Pero sobre este PXOM pesan esquecementos imperdoables. Deseñou unha planta de reciclaxe e un campo de golf en Mos sen avisar ao Concello afectado. Non consensuou as infraestructuras cos alcaldes da comarca, nin incluíu o trazado urbano do AVE ou a súa extensión a Citroën e o porto. Tampouco negociou con Fomento o trazado da autovía ou as afecciones da circunvalación. As queixas públicas obrigaron a reducir as torres en zonas emblemáticas como Guixar, Gran Vía, Praza de España ou Beiramar antes da súa exposición pública. E como guinda, os arquitectos criticaron a excesiva edificabilidade e os escasos espazos públicos.

mércores, 29 de marzo de 2006

venres, 3 de marzo de 2006

PRESENTACIÓN DITAME XURÍDICO



Un estudo xurídico encargado por Alternativa Vecinal cre ilegal o novo planeamento urbanístico de vigo

.
O avogado Santiago Nandín subscribe un informe xurídico que detectou no novo Plan Xeral de Vigo diversas causas de nulidade. O estudo foi solicitado por Alternativa Vecinal, organización integrada por diversos movementos opostos ao PXOM, que se basea neste texto para cualificar de ilegal o futuro planeamento. O estudo incide de xeito especial en cuestións medioambientais e de sostenibilidade así como na «irrealidade das previsións demográficas» nas que se basea o equipo redactor para planificar 135.000 novas vivendas, máis das que agora existen en Vigo.
-En concreto, detectan a ausencia do cumprimento de requisitos de sostenibilidade, tales como recuperación e protección do patrimonio, formas tradicionais de ocupación e coherencia da tipoloxía arquitectónica no relativo a alturas e volume edificable. Igualmente, poñen o acento na formación de pantallas arquitectónicas no litoral da cidade, un dos aspectos que máis controversias espertou durante a tramitación do Plan.
-O documento analiza diversos aspectos do documento, sinalando os preceptos legais que supostamente incumple. A conclusión á que chega é que «os tribunais decretarán a nulidade do Plan, algo que será un referente para todos os municipios galegos que actualmente revisan o seu planeamento». Aínda que non o dá como seguro, Alternativa Veciñal estuda acudir agora á vía xudicial. -Ademais das cuestións ambientais, esta organización ve deficiencias no modelo económico, incluíndo unha falta de garantías para a execución dos proxectos cuxa investimento atribuír-se a outras administracións «e das que non consta a aceptación de devanditos organismos».
-Outro aspecto ao que presta atención é a Ronda, á que se opón e que rexeita que sexa a vía urbana que proclama o novo Plan. Para rematar, denuncia que o documento non localiza físicamente a nova depuradora nin o trazado ferroviario a Bouzas.

xoves, 2 de marzo de 2006

martes, 28 de febreiro de 2006

NON AO REFERENDO



O pleno veta o referendo do PXOM a un día do debate político decisivo
.
.
.
A abstención de Soto e o BNG fixo suficientes os votos do PP para anular a consulta popular.
.
O goberno vigués encara a etapa final da aprobación do novo PXOM co rexeitamento definitivo do referendo pedido polos colectivos opositores, que se produciu no pleno municipal de onte, e mediante a súa discusión na Xerencia de Urbanismo, que terá lugar na mañá de hoxe. A partir dese momento só restará a celebración de novas sesións en Urbanismo e no pleno para a súa aprobación formal e posterior remisión á Consellería de Política Territorial. Onte no pleno o debate discorreu polas canles marcadas a pasada semana na Xerencia de Urbanismo. O socialista Mauricio Ruiz defendeu a aceptación inicial da consulta popular á espera de que a Xunta decidise se legalmente era viable. Precisamente o argumento do goberno local, apoiado nun informe xurídico do secretario, é que o Plan Xeral é unha competencia compartida de dúas administracións, Xunta e Concello, e que non procede xa que logo unha consulta popular como a suscitada.
Desinterese
O PSOE, neste caso co acordo de Bloque e PG, constatou o desinterese do goberno local no asunto, quen nin sequera se preocupou de investigar se as 21.000 firmas que apoiaron a solicitude alcanzaban o 8% do censo, como establece o Regulamento de Participación Cidadá. Pese a esta coincidencia puntual, nacionalistas e galeguistas inclinaron a balanza coa súa abstención. Desta forma, os votos do PP derrotaron ao PSOE e o referendo quedou definitivamente na cuneta.
-Resolto este asunto, os grupos que apoian o PXOM (PP PG e BNG) e os socialistas que o rexeitan volverán hoxe a verse as caras nunha sesión da Xerencia de Urbanismo convocada de xeito extraordinario para debater o documento e presentar as conclusións de cada grupo político. A estas alturas non se esperan sorpresas unha vez que a vía do diálogo no seo da corporación atópase cegada.
-É posible que na reunión José Manuel Figueroa, concelleiro de Urbanismo, facilite por fin a data que se colgarán en Internet as respostas ás alegacions ao Plan Xeral. Posiblemente tamén informe das datas da súa aprobación no pleno e na Xerencia, que dependerán do avance dos traballos finais do documento por parte do equipo redactor de Consultora Galega.
Actividade opositora
Pese a que todo parece decidido, os grupos que se opoñen apuran tamén as suas bazas. Para mañá está previsto que Alternativa Veciñal, colectivo que se organizou a raíz da batalla dos opositores ao PXOM, presente o informe elaborado por un avogado urbanista sobre «a ilegalidade do novo Plan Xeral para Vigo».
-Á sesión plenaria de onte tamén acudiu un nutrido grupo de opositores ao plan que exhibiron as suas pancartas durante a sesión. En calquera caso, non se produciron incidentes de ningún tipo e a reunión celebrouse con normalidade.
La Voz

mércores, 22 de febreiro de 2006

OS COLECTIVOS NON FORON RECIBIDOS POLOS POLÍTICOS MUNICIPAIS

NOTA DE PRENSA
.
Numerosos colectivos con representación en todo o ámbito municipal, todos eles afectados polo Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), solicitamos con data 31 de outubro do 2005 e número de entrada no Rexistro do Concello 50178366, entrevistarnos cos distintos partidos políticos así como ca señora Alcaldesa. A pesares do tempo transcurrido, nin o Goberno municipal, nin o Partido Popular, nin o BNG nos deron a oportunidade de poderlles expoñer as nosas inquedanzas e os problemas específicos de cada unha das zonas desta cidade.

Estos señores esquecen con demasiada frecuencia que foron nomeados por un período de catro anos para defender os intereses dos seus representados e... non outros. Compre recordarlles que a soberanía segue a residir no Pobo e que, dentro de moi pouco tempo, teremos a ocasión de respostar ós seus desaires.

Eles saberán o que fan: nós non vivimos da política.

Vigo, 22 Febreiro 2006

luns, 20 de febreiro de 2006

domingo, 19 de febreiro de 2006

O CONSELLO SECTORIAL

O consello sectorial dá vía libre a PP e BNG para aprobar o PXOM.
.
Os organismos sociais tomaron a decisión pese a que non coñecen o texto final do Plan Xeral
.
A semana que vén decidirase cando se responden as 61.000 alegacions
.
O goberno municipal do PP, e os seus aliados urbanísticos do Bloque, lograron onte o respaldo do consello sectorial de Urbanismo para aprobar o proxecto final do PXOM. Na reunión non estivo presente Manuel Soto (Partido Galeguista) e o representante do PSOE mantivo a súa postura crítica co documento elaborado por Consultora Galega.
-Esta decisión dos numerosos sectores sociais representados (sindicatos, empresarios, colexios profesionais, etcétera) produciuse sen que coñecesen cal é o texto final que se someterá a aprobación. Ao comezo da sesión recibiron unha copia da normativa e algúns planos. Pese a iso houbo un amplo consenso aínda que tamén algunha queixa por non recibir polo menos varios días de antelación o Plan Xeral que debían valorar. No entanto, houbo algún membro do consello que felicitou a Consultora Galega polo resultado, a expensas de estudalo con posterioridade á sesión de onte.
-A reunión supuxo un claro respaldo a PP e BNG, grupos que apoian o PXOM, que pretenden aprobalo a semana que vén na Xerencia de Urbanismo e uns días despois no pleno. A partir dese momento a decisión final quedará en mans da Consellería de Política Territorial.
-Este aplauso xeral non impediu que se escoitasen intervencións que poñían o acento no elevado número de alegacions, o que cren que obriga a extremar todas as medidas para garantir a súa seguridade xurídica.
Recta final
Corina Porro e José Manuel Figueroa polo PP e Henrique Viéitez polo BNG (non acudiu o seu representante habitual, Xabier Toba) ratificaron que o Plan Xeral atópase nos seus últimos momentos de elaboración, felicitándose polo resultado obtido.
-En ton diametralmente oposto, Mauricio Ruiz (PSOE) agradeceu a moitos dos colectivos que presentasen alegacions na liña de seu partido. No momento actual reclamou que comproben se foron tidas en conta á hora da redacción final. Advertiu que as do seu grupo non foron incluídas, anticipando que en tal caso non serían favorables á súa aprobación. Deste xeito confirmaríase a imposibilidade de aprobar o documento por consenso. A ausencia de Manuel Soto impediu coñecer a postura a día de hoxe do Partido Galeguista.
-Respecto de a contestación das alegacions, Figueroa reiterou unha vez máis que levarase a cabo antes do pleno. Todo fai indicar, con todo, que o axustado das datas impedirá á inmensa maioría dos firmantes das 61.000 reclamacions coñecer se finalmente foron escoitados.

sábado, 18 de febreiro de 2006

RIVAS, TOBA, FIGUEROA E CONSULTORA GALEGA

Figueroa anticipa que Javier Rivas seguirá como xerente se gañan as eleccións.

.
-O xerente municipal de Urbanismo, o arquitecto Javier Rivas, recibiu onte fortes eloxios do seu actual concelleiro. José Manuel Figueroa chegou a garantirlle ante os membros do consello sectorial que se o PP mantense no goberno tralas eleccións do ano próximo Rivas seguirá á fronte da Xerencia.

Na historia da elaboración do Plan Xeral Figueroa remontouse ao ano 2000, cando comezou a sua andadura da man do Bloque, entón á fronte do Concello. Anotou un punto de inflexión no 2003, cando o nomeamento de Rivas por parte do Bloque e PP, en contra das teses do PSOE, provocou a ruptura do goberno de coalición que lideraban os socialista.
.
Felicitación a Toba.

-Dalgún xeito, o titular de Urbanismo felicitouse dun desenvolvemento duns acontecementos que levaron ao PP ao goberno municipal, pese á súa situación de minoría fronte aos votos conxuntos de PSOE e BNG. No caso do Plan Xeral non sairía adiante sen o respaldo nacionalista, algo que recoñeceu en público e destacou o labor realizado neste campo por Xabier Toba.

-Para rematar, insistiu en que os técnicos de Consultora Galega puideron traballar con liberdade para elaborar o Plan Xeral e minimizou a cifra de alegacions ao tratarse na súa maioría de copias unas doutras.