domingo, 13 de agosto de 2006

DEPURADORA, EXPROPIACIÓNS


Un informe sobre a depuradora propón expropiar as vivendas
.
Asegura que os cheiros que emite son habituais nestas plantas
.
O Concello só levará a cabo realoxos definitivos se son pactados
.
Un informe preliminar sobre medicións e cheiros da depuradora do Lagares e sobre as medidas correctoras a adoptar propón crear unha zona de exclusión no perímetro da planta mediante a expropiación de terreos e vivendas. A extensión definiríase nun mapa de cheiros detallado.
-A suxestión ten en conta a actual situación da depuradora, obxecto de repetidas e numerosas queixas veciñales polos cheiros, e situada nun núcleo poblacional con vivendas unifamiliares e diversas industrias, a maioría de servizos.
-Entende que ante tal panorama cabo suscitarse a necesidade de habilitar un espazo de disipación de cheiros, que protexa a zona urbanizada.
-O avance do que será un estudo máis completo encargado polo Concello considera normais as condicións de funcionamento da instalación. Destaca que durante o periodo temporal en que foi observada, do 20 de xullo ao 8 de agosto, os cheiros xerados foron os habituais neste tipo de instalacións, sen que sexan imputables a incidencias da explotación.
-As conclusións preliminares sinalan que toda depuradora de auga residual vai xerar cheiros desagradables debidos á natureza da materia prima que recibe. Advirten que, aínda que poidan ser minimizados, nunca serán eliminados totalmente, á marxe das condicións de deseño e operación da planta. No entanto, propón unha veintena de medidas correctoras para mellorar a situación actual.
Medidas
-Entre as medidas aconséllase asegurar que as condicións de operación dos biofiltros de tratamento de gases permitan un rendemento óptimo dos mesmos. Tamén suxire cubrir e desodorizar a canle desarenador. No que se refire á desodorización, propón que previamente se evalúe se a instalación correspondente á desodorización do edificio de pretratamento ten capacidade para absorver este volume de aire adicional.
-Sobre a posibilidade de expropiar, o Concello só levará a cabo realoxos definitivos sempre que sexan pactados cos veciños. Na actualidade unha ducia de familias están dispostas a recibir unha indemnización polas súas propiedades para trasladar a súa residencia a outro lugar de forma definitiva. Tal posibilidade sería contemplada no Plan Xeral.
Touriño intervén
-O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou onte na súa visita a Vigo que negociará co Ministerio de Medio Ambiente para que declare de interese xeral as obras de construción dunha nova estación depuradora. Mostrou a súa preocupación polo sistema deficitario e inservible de depuración existente en Vigo, o que deu lugar ao malestar de varias familias que residen nas proximidades.
-Tendo en conta que a solución definitiva a estes problemas pasa pola construción dunha nova infraestructura que asuma o crecemento da cidade, o presidente galego comprometeuse a traballar para conseguir esa futura planta

Ningún comentario: