sábado, 17 de decembro de 2005

xoves, 15 de decembro de 2005

VIGO FORA DA LEI

NOTA DE PRENSA
.
Algo, moi importante, falla, ou falta, no sistema democrático para que, no municipio de Vigo, a sensación de ilegalidade e impunidade sexa continua. Otorgamiento de licenzas máis aló da lei. Construción máis aló das licenzas. Abandono de funcións en materia de infracción urbanística. Xogar ao escondite co novo PXOM. Ninguén pode impedir que un Goberno Municipal faga dejación de funcións, ou que unha maioría na Corporación Municipal adopte unha resolución que viola a lexislación vigente.
Esta situación, na que os cidadáns temos que sufrir as consecuencias das accións ou omisiones dos nosos Representantes Públicos, produce unha verdadeira ALARMA SOCIAL na poboación, que se ve obrigada a intervir para defender e restaurar a legalidad. Intervención en condicións durísimas, onde, no trámite administrativo, os cidadáns vense obrigados a saír á rúa, e, pola vía legal, a prevención é moi difícil, e a reparación é longa, custosa e ten moi mal pronóstico.
A situación fai imprescindible que exista un mecanismo de control eficaz dentro da propia administración, e que se dote á administración de xustiza de máis medios para que a súa actuación sexa rápida. Así mesmo, é necesario que un aire limpo e fresco entre con forza na Casa do Concello para remover os obstáculos que impiden que A Casa sexa de todos, que o Consello represente ao pobo, e que os funcionarios dean un servizo eficaz e de calidade a todos os vigueses. Ese vento deberá alinear todos os esforzos humanos na dirección de facer do Concello de Vigo un lugar onde a honradez, a convivencia, o respecto á lei e aos cidadáns, e o ben facer, sexan valores apreciados, practicados, promovidos e defendidos por políticos e funcionarios para exemplo, beneficio e satisfacción de toda a poboación.
Os veciños debemos tomar a iniciativa, dada a actual situación de desamparo, fronte a políticos e funcionarios que actúan con impunidade. Un amplo movemento veciñal de base que defenda unha alternativa veciñal para acabar con este grave estado de indefensión.
Vigo, 15 Decembro 2005

mércores, 7 de decembro de 2005

O PXOM DE VIGO, UNHA MONTAXE

NOTA DE PRENSA
.
¡¡¡UNHA MONTAXE!!!
-
A Federación de Veciños e o PP pactan un PXOM claramente ilegal e perxudicial para a cidade de Vigo, "o PXOM do BLOQUE".
-Só uns cantos coñecen o resultado das alegacions, páctanas entre eles e publican que se acepta o 70%, co beneplácito das Asociacións subvencionadas e mantidas con diñeiro público.
¿Transparencia, información?, fraude e compra de vontades, esa é a negociación democrática. Os que discrepamos somos marxinados e se dá a imaxe de consenso. Todo mentira e manipulación. Nós seguimos traballando, preparando os nosos lexítimos argumentos e denunciando un PXOM só para a especulación.
-Non nos rendemos e os Tribunais darán a razón á Alternativa Veciñal que suscitamos á marxe de especulación e irregularidades.
-Vigo non se merece estes dirixentes que nos levan a un plan tramitado na máis absoluta ilegalidade. Aquí todo está pactado nos intereses duns poucos e o engano aos cidadáns.
-Unha pregunta: ¿ATOPAN LÓXICO E RAZOABLE, TRANSPARENTE E DEMOCRÁTICO, QUE CONTÉSTENSE AS ALEGACIONS AO FINAL, CANDO XA ESTEA APROBADO O PLAN POLO PLENO MUNICIPAL?
Vigo, 7 Decembro 2005