mércores, 29 de agosto de 2007

FARAÓNS E CLEOPATRAS

A estirpe de Ra
.
Integridade é a calidade que máis destaca o articulista da VOZ DE GALICIA, D. Lois Branco, ao referirse ao pronunciamento do Sr. Wang sobre a Cidade da Cultura.
En novembro de 2004, o profesor Montalvo, da Universidade de Vigo, realizaba un ditame sobre o PXOM de Vigo. As súas conclusións tamén eran demoledoras. Palabras como incongruencias, excesivo, desmesura, foron aplicadas ao Plan Xeral. Desmesurado é o que levou Consultora Galega de Vigo só polo PXOM, máis de 3 millóns de euros ¡ATA AGORA!
En tempos máis recentes a ex-alcaldesa de Vigo, a Sra. Porro, do PP, encargaba un estudo para levar todas as augas residuais desta marxe da Ría de Vigo a Cabo Silleiro. Tamén era este un proxecto faraónico.
Non hai dúbida de que os soños dos nosos gobernantes galopan desbocados, dignos membros da estirpe de Ra. Réndeselles culto como a un deus e o país perténcelles.

Ningún comentario: