mércores, 12 de setembro de 2007

PERO SIGO SENDO O REI...

O alcalde Abel Caballero, elude aclarar o criterio que seguiu para as contratacións de emprego.
..
Abel Caballero eludiu onte explicar que tipo de criterio empregou para realizar o preto dun centenar de contratacións que levou a cabo desde a presidencia do Porto vigués e que serviu para dar traballo temporal a polo menos unha trintena de persoas relacionadas, directa ou a través de familiares ou amigos, co PSOE. , en cambio, quixo identificar as informacións onde se desvelaron ditas prácticas con ataques a Vigo.
Aínda que obviar o tema das contratacións, si quixo recalcar que a cesión dun piso propiedade do Porto ao seu portavoz municipal é do todo legal, aínda que o beneficiado, Carlos López Font, reduza ao mínimo a súa presenza e dedicación ao posto na Autoridade Portuaria desde que resultou elixido concelleiro e asumiu gran parte das responsabilidades do equipo de goberno municipal.
O PP pretende que dita situación e a dos contratos sexa explicada no Parlamento polo actual presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Paz. O deputado popular Ignacio López-Chaves -asinante da solicitude de comparecencia- expón abertamente ante o Parlamento a existencia de «irregularidades» no proceso de contratación seguido na institución viguesa. «Abel Caballero utilizou recursos públicos da Autoridade Portuaria de Vigo para realizar a campaña que o situou na alcaldía; puxo en marcha unha rede clientelar para enchufar aos seus amigos no Porto, e empregou a entidade para pagar fidelidades políticas», manifesta López-Chaves.




Que ten que dicir o Sr. Touriño, Presidente da Xunta e secretario do PSGA, todo isto non é novo e a mayoria sabiamos dos chanchullos e da prepotencia que se trae o Sr.Caballero. Non hai que esquecer tampouco, que no porto de vigo, tamén traballa unha filla da concelleira Isaura Abelairas.
.
Sr. Touriño, prometeu que o seu partido, os candidatos serían honrados e serios cos cidadáns, (xa vemos que non é así) empece dunha vez e carguese ao Sr. Caballero, e compañia, as eleccións xerais están cerca, e as autonómicas tamén.
.
E iso, que o Sr. Caballero, presume de demócrata.

Ningún comentario: