xoves, 19 de outubro de 2006

GALICIA = MARBELLA


"GALICIA, A NOVA MARBELLA"
.
A normativa urbanística heredada pola Xunta de Galicia, a controvertida Lei do Solo que puxo en marcha o Goberno anterior en 2003, daba un prazo de dous anos a todos os municipios para “adaptar” o seu urbanismo á nova lexislación. O resultado non se fixo agardar: cerca de setenta municipios costeiros presentaron os seus novos plans urbanísticos, que suporán 600.000 novas vivendas, co que se aumenta en máis dun 80% a edificabilidade da franxa costeira nos próximos anos.
-Metrovacesa na costa de Vigo, a construtora do ex futbolista Valery Karpin na Guarda, Lábaro Grupo Inmobiliario na Costa da Morte, ACS, de Florentino Pérez, na Mariña lucense, Fadesa, Urbis, Vallermoso… As maiores inmobiliarias do Estado reunidas no litoral galego.
-Desde a Xunta de Galicia anunciáronse varias medidas como a próxima aprobación das Directrices de Ordenación do Territorio, un plan integrado de protección do litoral e unhaaxencia de protección da legalidade urbanística.
-O presidente da Xunta, Pérez Touriño, ofreceu un “gran pacto para terminar coa especulación na costa”. Ademais, o control urbanístico do litoral pasou da Consellería de Pesca á de Política Territorial.
-Con todo, as mensaxes transmitidas desde a Xunta de Galicia son contraditorias. Os seus responsables urbanísticos apoian a expropiación de fincas e vivendas para a construción de grandes urbanizacións privadas a través do concesionario de obra pública, figura introducida na Lei de ordenación urbanística de 2003 para paliar a hipotética “falta de solo urbanizable en Galicia”. A figura deste promotor inmobiliario que pode expropiar terreos privados ao seu antollo é unha copia do axente urbanizador da Lei reguladora da actividade urbanística da comunidade valenciana, xa derrogada, debido á condena da Comisión Europea (ver capítulo de urbanismo da Comunidade Valenciana).
-O Valedor do Pobo amoestou os rexedores de varios municipios onde o crecemento urbanístico é elevado: Sanxenxo, O Grove, Padrón, Ribeira ou Noia. Pero non son os únicos municipios onde o urbanismo é a estrela: Sada, Narón, Vilanova…
-Nos novos Plans Xerais de Ordenación Municipal (PXOM) presentados no litoral, unha trintena de municipios aumentan a súa edificabilidade en máis do 100%, aínda que se chega a un aumento do 200% en nove localidades costeiras: Illa de Arousa, Meaño (con 2.000 vivendas na actualidade, propón a construción de 21.818 novas casas), A Pobra do Caramiñal, Ribeira, outes, Mugardos, Sada, Ortigueira (con 5.300 habitantes propón a construción de 65.000 casas na próxima década, co que aumenta a súa edificabilidade un 1.230%) e Pontedeume. En cifras absolutas, o mayor incremento é o de Vigo: 144.000 novas casas, unha cifra superior ás 123.500 existentes. No extremo contrario destaca Camariñas, que non propón a construción de máis vivendas.
-Na costa da provincia de Lugo, que ata o momento tiña un dos índices máis baixos de urbanización do seu primeiro quilómetro de costa, Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros ou Ribadeo, municipios costeiros da comarca da Mariña, outorgaron xa as licenzas para a construción de 6.000 novas vivendas.
-Esta zona é considerada polos promotores inmobiliarios como un auténtico “bombón”, ou como se di na xerga, “a zona co maior auxe expoñencial” de toda a costa galega.
-Todo vale. Algúns municipios están dispostos a urbanizar sen ter en conta a legalidade.
-En abril a Consellería de Política Territorial iniciaba o expediente de suspensión das Normas subsidiarias do planeamento municipal de Viveiro pola súa incompatibilidade coa legislación urbanística vixente e a preservación dos valores naturais e culturais do municipio.
-Entre as ilegalidades destaca a clasificación como solo urbanizable de espazos litorais xunto ao río Landro e as súas marismas. No litoral da provincia da Coruña, a Costa da Morte, que segundo as proxeccións de población do Instituto Galego de Estatística é a única zona do litoral galego que perde poboación, converteuse nun reclamo para as construtoras.
-En Laxe aínda non se retirou o proxecto da construtora Fadesa para construír 190 vivendas en primeira liña de praia e un campo de fútbol. Os terreos elixidos para a urbanización foron recualificados pola Xunta de Galicia a finais de 2004, a pesar de que estaban catalogados como LIC da Rede Natura 2000 europea. Só a ruptura do acordo entre os propietarios e Fadesa impediu que se leve a cabo a construción.
-En Muxía, a aprobación do Plan Xeral de Urbanísmo veu acompañada de acusacións de corrupción. A oposición denunciou que o cuñado do alcalde popular, Alberto Blanco, comprou terreos na zona do Vilar, onde se aprobaron posteriormente convenios urbanísticos.

Ningún comentario: