mércores, 29 de novembro de 2006

MAIS CORRUPCIÓN URBANÍSTICA


Detidos por corrupción un alcalde e un membro do Goberno balear.
.
.
.
A Garda Civil arrestou ao director xeral de Ordenación do Territorio e ao primeiro edil de Andratx.
.
-A lei do solo do PP orixinou corrupción.
.
-O Goberno de Murcia aproba 10.000 vivendas e hoteis de luxo en zona protexida. .
.
-Os tribunais xa han ilegalizado en Marbella máis de 2.800 vivendas.
..
A Garda Civil puxo en marcha esta mañá unha operación contra a corrupción urbanística na que foron detidos o director xeral de Ordenación do Territorio do Govern balear, Jaume Massot, e o alcalde da localidade mallorquina de Andratx, Eugenio Hidalgo ambos do PP. A este último acúsaselle de prevaricación e blanqueo de capitais, entre outras cousas.
-Fontes próximas á operación, iniciada por orde do Xulgado de Instrución número 12 de Mallorca, informaron de que, ademais de Hidalgo e Massot -que foi concelleiro popular en Andratx-, foi detida tamén unha terceira persoa, funcionario dese concello mallorquín. Unha veintena de axentes da Garda Civil presentáronse esta mañá na sé do Concello de Andratx e, ademais de proceder á detención do alcalde, rexistraron o seu despacho e outras dependencias. Eugenio Hidalgo está acusado dos delitos de prevaricación, blanqueo de capitais, contra a ordenación do territorio e por cometer supuestamente actos prohibidos a cargos públicos. foi trasladado á Comandancia da Garda Civil en Palma. O alcalde, que ten varias causas abertas, tiña que comparecer mañá ante o xulgado número 1, que investiga supostas irregularidades en relación a un aparcamento construído no núcleo urbano de San Telmo, pertencente a Andratx, unha localidade de preto de 10.000 habitantes, cun 15% de estranxeiros e que cuxa fonte principal de ingresos é o turismo.
EL PAIS

Ningún comentario: