venres, 15 de decembro de 2006

AS CIDADES DE EUROPA



As cidades engullen Europa

Bautizárona como "expansión urbana descontrolada" e cando toma posesión dun lugar, tráese a toda a parentela; unha ristra de primos indeseables chamados contaminación acústica, descenso da calidade de vida, gasto innecesario de recursos naturais, problemas respiratorios... E un sinnúmero de factores capaces de destruír o mundo que coñecemos.
-Europa é un dos continentes máis urbanizados da Terra. Case o 75% da súa poboación vive en cidades, unha porcentaxe que vai en aumento, xa que se estima que en 2020 o 80% dos europeos residirá en zonas urbanas e nalgúns países esta cifra roldará o 90%.
-Sen data de caducidade
-A Axencia Europea de Medio Ambiente acaba de publicar un informe no que advirte de que este crecemento incontrolado non ten data de caducidade. A evolución dos últimos anos demostra que Europa pisou o acelerador en materia de urbanismo: entre 1990 e 2000 construíron-se unha superficie de 800.000 hectáreas. É dicir, en 10 anos, as novas moles de hormigón equivalen a tres veces o territorio ocupado por Luxemburgo.
-Se mantén esta tendencia, en menos dun século o continente terá o dobre de solo urbanizado e, curiosamente, a culpa non será da superpoblación. Nas últimas dúas décadas, o espazo que ocupan as cidades incrementou un 20%, mentres que os novos membros da Unión Europea só creceron un 6%. En contra do que se pensa, este desfase non está relacionado coa densidad demográfica, senón con factores socioeconómicos. O atractivo de vivir no centro das cidades hase esfumado. No seu lugar, a maioría da poboación sobre todo as familias prefiren residir en cidades satélite, adxacentes ás grandes urbes. Únicamente os mozos e anciáns son reticentes a este exilio voluntario.
-Peor calidade de vida
-Teóricamente, o atractivo reside en lograr maior calidade de vida pero, en realidade, conséguese o contrario. A longo prazo, as consecuencias medioambientais e sociais erradican a comodidade anhelada. Esta obsesión de residir na periferia e traballar no corazón das cidades está provocando unha dispersión urbana moi característica de Estados Unidos, pero históricamente pouco común en Europa. Gobernos e concellos lanzáronse a construír autopistas e vías de ferrocarril para interconectar áreas que estaban dispersas no pasado. Así, Guadalaxara e Toledo xa se poden considerar parte da periferia madrileña. E a Axencia Europea de Medio Ambiente estima que en 2030 as estradas urbanas ocuparán un 40% máis de quilómetros.
-O incremento dos metros cadrados habitados por persoa, o encarecemento do solo e a febre inmobiliaria de aproveitar solo rural para construír chalets e adosados tamén están contribuíndo notablemente a unha expansión que non deixa títere con cabeza. Nin sequera as costas sálvanse. Especialmente en destinos turísticos do Mediterráneo, nos que tanto formigón ameaza con destruír a súa ecosistema mariño.
-Para evitalo, o informe propón que as infraestructuras teñan un enfoque global que equilibre as necesidades sociais e mediambientales. Sobre todo, que non atendan exclusivamente ás leis do mercado para que se poidan levantar cidades máis compactas e, polo tanto, moito menos monstruosas.

Ningún comentario: