xoves, 14 de decembro de 2006

ATA CANDO A CORRUPCIÓN


A Diputación vendeu edificabilidade a Telmo Martín a un terzo do valor do mercado
.
O alcalde recuperou por 500.000 euros o aproveitamento dunha leira expropiada
.
A Deputación de Pontevedra calculou en 1.900 euros o prezo de venda do metro cadrado construído en Portonovo (Sanxenxo), a través dun convenio do que se beneficiou unha empresa do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, do PP. Así se establece no acordo asinado por Construcuatro coa institución provincial, pola que esta traspasou os dereitos de edificación de 1.460 metros cadrados expropiados para un vial a cambio de 500.000 euros. As inmobiliarias de Sanxenxo consultadas estiman en 6.000 euros o prezo do metro construído na zona.
-O cálculo do prezo final da edificabilidade fixouse nun estudo da Diputación que parte dun valor do metro cadrado construído en 1.900 euros. Así, Construcuatro, da que Telmo Martín posúe o 33%, puido recuperar a edificabilidade da parcela expropiada a cambio de 499.451 euros. A Diputación xa ingresara 312.319 euros na conta de Construcuatro en concepto de expropiación, polo que a empresa de Martín quedouse cos dereitos de edificación neses 1.460 metros a cambio de 168.491 euros.
-A expropiación afectaba a parte dunha leira de 3.610 metros cadrados que se integraron no Polígono de Execución Integral 10, en Baltar, en primeira liña da praia de Portonovo, o mesmo onde Construcuatro vendeu por 2,78 millóns de euros tres leiras adquiridas como rústicas e despois recalificadas. O destinatario final dos terreos foi en todos os casos Construziona, empresa de Ramón e Eladio Cuiña, irmáns do ex conselleiro José Cuiña.
-O convenio entre a Diputación, que preside Rafael Louzán, do PP, e Construcuatro, culmina un proceso iniciado en 2001, cando a entidade provincial notifica a expropiación ao anterior propietario da parcela, ex concelleira do PP en Pontevedra, por 1.446 euros. Finalmente, o xurado de expropiación estableceu un prezo de 279.358 euros máis intereses de demora, nunha reunión á que non asistiu ningún representante da Diputación, "malia ser citado formalmente", segundo a acta. Seis meses despois, Construcuatro facíase coa leira por 480.810 euros, co dereito a ingresar na súa conta 312.319 aos que ascendeu a expropiación cos intereses.
-Antes de vender a leira a Construziona, a Diputación aprobou o convenio coa empresa de Telmo Martín polo que cede os dereitos urbanísticos do terreo expropiado, a petición de Construcuatro, e que se traspasan ao resto do terreo. O Servizo de Arquitectura cifrou en case medio millón de euros o prezo do aproveitamento urbanístico, "en base aos criterios de valoración aplicados a parcelas situadas na mesma zona". Esas parcelas eran de Construziona, á que tamén expropiou a Diputación para devolverlle despois a edificabilidade de 865 metros cadrados a cambio de 344.953 euros.
- O portavoz do grupo parlamentario socialista, Ismael Rego, afirmou onte que bota de menos unha resposta "contundente" do máximo responsable dos populares galegos, Alberto Núñez Feijoo, ante os reiterados casos de supostas irregularidades urbanísticas nos que están inmersos alcaldes do Partido Popular, segundo informa desde Lugo Arcadio Silvosa.
-Rego entende que o alcalde de Sanxenxo "xa debería estar na súa casa", ao transcender que recalificó un humedal e vendeuno en 2,78 millóns de euros. "Son moitas casualidades as que van aparecendo", comentou Rego, quen lamentou a falta dunha resposta "contundente" por parte de Núñez Feijóo e considerou o caso de Sanxenxo unha cuestión "moi seria e delicada" ante a que o PP, precisou, "tería que dar xa unha resposta".
El Pais

1 comentario:

Vigoblog dixo...

Estes de Construcuatro, non son tamén os do afaire do PAU de Navia?
http://www.paudenavia.net/modules.php?
name=News&file=article&sid=195&mode=
&order=&thold=