mércores, 13 de decembro de 2006

RUÍZ TOVAR, MAXISTRADA


Ruíz Tovar: "A maior corrupción, o urbanismo"
.
Entrevista
.
A presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, María Josefa Ruíz Tovar, mostrouse alarmada polos niveis de corrupción que se están detectando no urbanismo. "A situación" dixo Ruíz Tovar, "é preocupante e ningún cidadán pode permanecer impasible ao fenómeno da corrupción no urbanismo, onde se está concentrando o maior descontrol".
-A maxistrada coruñesa foi a primeira en realizar autocrítica sobre a falta de dilixencia xudicial no procesamento de tramas urbanísticas. "Por exemplo, nos casos urbanísticos está claro que con intervencións xudiciais rápidas non se chegaría a extremos tan lamentables como os que estamos vendo", sinalou a xuíza.
-María Josefa Ruíz Tovar presentou o luns a súa análise sobre a corrupción en Galicia nun seminario organizado pola EGAP e o Concello de Lugo.
-"¿Que onde hai maior corrupción e descontrol? En urbanismo, está claro, pero se ata a ONU díxoo", respondio a xuíza durante o debate.
-Ruíz Tovar realizou unha reflexión sobre o papel dos tribunais de xustiza no combate da reflexión e, malia facer criticar a súa lentitud de movementos, tamén mostrou a súa preocupación por unha excesiva judicialización da vida pública.
- "Resulta evidente a lentitud dos xulgados. O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, por exemplo, tarda uns tempos que non poden considerarse razoables en dar respostas", asegurou a presidenta da Audiencia de Lugo. Ruíz Tovar expresou que o que máis lle preocupa "é saber ata onde podemos e ata onde debemos chegar os xuíces".
-A maxistrada subliñou que o seu papel xudicial sempre había entroncado máis coa sociedade que coas administracións públicas, pero en calquera caso "ninguén está por encima da Lei". Proseguindo a sua argumentación, pediu maior transparencia e acceso público "de todos os cidadáns" aos datos. "Pido que todos os cidadáns poidan ter acceso aos registros contables e tamén un sistema transparente de financiamento dos partidos políticos".
-Respecto de as escasas condenas por ilegalidades urbanísticas, Ruíz Tovar declarou que "no noso sistema obsérvase precariedad, porque os delitos cometidos pola Administración son de moi difícil procesamento".
-Ruíz preside a Audiencia de Lugo desde o ano 2000, cargo no que acaba de renovar mandato por outros cinco anos.

Ningún comentario: