luns, 25 de decembro de 2006

A NOVA DEPURADORA



.
Os afectados da depuradora opóñense frontalmente á súa ampliación
..
.
A asemblea celebrada onte acordou presentar unha reclamación xudicial contra o proxecto
.
Hoxe celébrase a manifestación convocada pola asociación de veciños de Coruxo
.
Unha nutrida asemblea da asociación de afectados pola depuradora do Lagares acordou onte tarde opoñerse á súa ampliación e á construción dunha macroinstalación recentemente decidida pola Xunta e o Concello. Para iso van encargar un ditame xurídico coa intención de paralizar o proxecto que impulsan as administracións local e autonómica. De entrada, acudirán na mañá de hoxe á manifestación convocada pola asociación de veciños.
A parroquia de Coruxo leva anos protestando contra as deficiencias da depuradora do Lagares e confiando nas promesas municipais de que non se ampliaría a instalación. Tal e como sospeitaban algúns veciños, esta semana fíxose público o anuncio de que xunto á actual construiríase unha gran instalación para depurar as augas residuales de todo o municipio, excepción feita das zonas máis afastadas que se serven das plantas de Teis e Gondomar.
«Estamos falando dunha zona verde de alto valor ambiental, onde xa existe unha depuradora e quérese construír outra con moita maior capacidade», explicaba onte Rita Campos, ata agora portavoz do colectivo.
.
Protesta pública
Por esta razón optaron por contratar a un bufete de avogados para opoñerse ao proxecto pola vía xudicial. «Se non estabamos de acordo coa ampliación moito menos imos aceptar de brazos cruzados unha macrodepuradora. Cremos que hai razóns xurídicas que nos avalan e esa vai ser a nosa bandeira a partir de agora».
Á marxe da batalla xudicial hoxe teñen previsto acudir á manifestación convocada pola asociación de veciños de Coruxo, que partirá da porta da súa sé ás doce do mediodía. A planta actual é rexeitada por moitos veciños debido aos malos cheiros; a súa extensión xera unha gran alarma, cuxo grado exacto coñecer-se esta mañá en función da asistencia á protesta.
Á marxe da actitude como colectivo, os afectados que residen xunto á estación actual decidirán de forma individual se negocian a expropiación das súas vivendas co Concello. O concelleiro de Medio Ambiente ten previsto contratar a unha empresa especializada para realizar as valoracións; de forma pública, este edil e a alcaldesa anunciaron que realizarán unha oferta «xenerosa». Estas declaracións non fixeron mella ata agora na oposición existente na parroquia de Coruxo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Copia da carta enviada a :
ASOCIACION DE VECIÑOS DE CORUXO

Xosé Sánchez Blázquez, con D.N.I. nº 02693231 T. como presidente da Asociación Veciñal de Navia, expresa a sua solidaridade coa Asociación Veciñal de Coruxo no seu rechazo a ampliación da Depuradora do Lagares.

Ainda que a área metropolitana de Vigo necesita resolver un serio problema medioambiental provocado pola precaria depuración das suas aguas residuais, o problema non se resolve a calquer precio, e menos a costa da saude dos veciños de Coruxo e a eliminación da Xunqueira do Lagares.

Existen solución bastante mais acaidas que a aprotada polo Concello de Vigo, sen tan elevados costes sociais e medioambientais.

En Navia,a 29 de Decembro do 2006

----------->
Curioso non, que un dos defensores do novo PXOM, militante activo do BNG e membro do seu aparato comarcal, se posicione en contra da depuradora...