.Soto transmitiu estes cálculos durante a súa intervención na Federación de Peñas Recreativas O Olivo, a cuxas instalacións acudiu acompañado de Maite Fernández e outros dous membros da súa candidatura.
.O candidato do PG augurou que o movemento veciñal vivirá co el "unha segunda época dourada" en barrios e parroquias. Defendeu a descentralización do Concello en favor, como reclamaron os presentes, dunha maior agilidade á hora de tramitar subvencións e asegurou que o seu goberno concederá licenzas de construción en só dous meses.
.Manoel Soto insistiu en que a súa formación debe ser a chave da próxima corporación para que non se repitan os "lios" do actual mandato e instó aos presentes á realizar "un exercicio de intelixencia fría" á hora de emitir o seu voto en lugar de facelo ao xeito "tradicional". A súa mensaxe é claro: "Necesitamos mediar entre uns e outros para que Vigo dea o maior cambio da súa historia".
Ningún comentario:
Publicar un comentario