xoves, 23 de agosto de 2007

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN METROPOLITANA


A Xunta anunciou que creará nun ano as áreas metropolitanas de Vigo-Pontevedra e A Coruña-Ferrol


No ano 2005 o, entón, Director Xeral de Urbanismo, Martín Fernández Prado, advertía falta de coordinación dos concellos da área metropolitana de Vigo en materia urbanística. Segundo a visión da Xunta, os municipios deben definir a función que queren ter dentro da área metropolitana, e despois desenvolver o seu planeamento valorando as necesidades de toda a comarca. No 2005 o incremento poboacional previsto por todos eses concellos era, en conxunto, do 62%. Un dato preocupante.

Ningún comentario: