luns, 19 de novembro de 2007

ABEL CABALLERO, ARROGANTE Y PREPOTENTE

Os afectados pola depuradora de Vigo desafóganse cun peche na alcaldía
.
O famoso talante que predica Zapatero non reza con algúns socialistas. Por exemplo, con Abel Caballero.
.
O alcalde de Vigo negouse a falar cos afectados pola depuradora do Lagares que se encerraron no Concello. Nin bo rolo nin leites. enviou á policía e deixounos sen comida. Aínda que é certo que existen moitas canles para a protesta, e non todos correctos, convén entender a desesperación destes veciños aos que o seu máximo representante non concedeu nin un minuto.
Están fartos do mal cheiro. Fartos dos 166 millóns de litros de augas residuais que chegan cada día á planta e que, por non recibir o tratamento adecuado, contaminan a ría. Fartos de realoxos en hoteis. Fartos de promesas incumpridas. A última mentira política figura nos orzamentos do Estado do próximo ano: 30 millóns de euros para unha nova depuradora que non se gastarán porque aínda non se fixo nin o proxecto.

Ningún comentario: