luns, 31 de decembro de 2007

A DEMOCRACIA DO PSOE (ZP)

A porta pechada
.
Con independencia da precariedade coa que o Plan Xeral obtivo o visto e prace do plenario do Concello de Vigo, a sesión na que se aprobou será recordada no futuro polo incalificable comportamento do equipo de Goberno, e máis especialmente, polo do propio presidente da corporación, capaz de ordenar unha estratexia que furtou aos seus propios administrados de asistir a un pleno público, e converteu a casa de todos os vigueses nun reduto ocupado só polos seus propios partidarios, aos que colou pola porta de atrás para copar o salón e impedir o seu paso ao resto dos veciños. Veciños de todas as tendencias e pensamentos que, lexitimamente, desexaban ser testemuñas da aprobación dun documento de enorme transcendencia para a cidadanía.
Pero non é o resultado da votación o que merece unha reflexión aparte senón o comportamento mostrado por aquel que é responsable máximo da lexitimidade da asemblea. Abel Caballero ordenou literalmente a toma dos accesos ao salón de sesións aos efectivos da súa policía, solicitou á Subdelegación do Goberno protección adicional para combater supostos disturbios no exterior, e non contento con iso, converteuse en responsable dunha práctica que non ten parangón na vida municipal da cidade, e que non só necesita a pertinente explicación senón, o que resulta máis importante, necesita a toma de responsabilidades administrativas e legais que merece unha manobra como esta.
Polo seu propio ben e o da cidade e a súa saúde democrática, o alcalde non pode seguir practicando semellantes artes. Fortificar policialmente o Consistorio é xa unha proba palpable da súa falta de confianza na responsabilidade dos seus administrados. Pero converter un pleno público noutro a porta pechada só permitido aos seus fieis non só exacerba esta desconfianza senón que ofende aos cidadáns.
.
.
Ata cando o Sr. Presidente do Goberno Rodriguez Zapatero e o Sr. Touriño, toman conciencia do desaguisado do seu partido en Vigo logo dos feitos dictatoriales acaecidos o pasado sabado no pleno do Concello de Vigo coa aprobación do PXOM.
O PSOE de Vigo, á fronte con Abel Caballero, non entenden de democracia, soamente interesa o asunto persoal de cada un, aos votantes e simpatizantes téñenlles sen coidado, soamente acórdanse deles cando hai eleccións, e a continuación engánanlles.
Sr. Zapatero, Sr. Touriño, que teñen pensado facer cos membros da executiva viguesa e municipal do PSOE, non esquezan, hai elecccións, o seu partido non aplica a democracia en Vigo, non enganen novamente aos cidadáns.
.
Alternativa Veciñal

Ningún comentario: