xoves, 28 de febreiro de 2008

MAIS CORRUPCIÓN URBANISTICA

.
.
O Tribunal Superior obriga a tirar un edificio en Sanxenxo a pé de praia da construtora Construcuatro da que é socio Telmo Martín.

.
.
A resolución asinada por Enrique López Veiga (exconselleiro) en febreiro de 2005 afirmaba que o edificio no se atopaba na zona de servidume de protección.
.
Fai anos, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos sacouse un as da manga para certificar a legalidade do inmoble a pé de praia localizado no paseo de Silgar e rúa Luís Vidal Rocha, no municipio de Sanxenxo, que levantou Construcuatro, empresa da que é socio o ex alcalde do Concello turístico, o popular Telmo Martín. A edificación invade en polo menos dous metros a liña de protección do dominio público marítimo-terrestre, pero a resolución asinada por Enrique López Veiga en febreiro de 2005 afirmaba que o edificio non se atopaba na zona de servidume de protección.
Ante esta manobra, a asociación Salvemos Pontevedra non dubidou en recorrer o ditame da Consellería de Pesca ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Onte, case tres anos máis tarde, o presidente do colectivo, Francisco Díaz, anunciou que a sección segunda do TSXG anulara a resolución de López Veiga, polo que se debe proceder á demolición do edificio».
De feito, a resolución do ex conselleiro de Pesca sobreseía un acordo adoptado polo Servizo de Usos do Litoral en decembro de 2004, do departamento da propia Consellería de Pesca, na que impoñia unha multa á promotora de 3 millóns de euros e ordenaba a Construcuatro restituír os terreos que ocupa «ao seu estado primitivo».
Salvemos Pontevedra recordou onte que presentara tres denuncias contra o edificio, alegando que o inmoble atopábase dentro da franxa dos 20 metros que establece en chan urbano a normativa aprobada por Costas do Estado en 1988. «Recibimos con satisfacción a sentenza, xa que parece que se impón a xustiza nun caso moi complexo», precisou onte o máximo responsable da asociación.
Agora tócalle mover ficha á Xunta de Galicia, precisou Francisco Díaz. Explicou que a Administración autonómica ten dúas opcións: unha é interpor un recurso de casación ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo nun prazo de dez días, e a outra acatar a sentenza e ditar unha orde de demolición do edificio de cinco plantas e ático situado a pé de praia. «Hai que demoler indubidablemente o edificio completo», afirmou Francisco Díaz. «Estaremos moi atentos á actitude que tome a Xunta para resolver a situación», engadiu.
.
lA VOZ
.
Outro exemplo de como os políticos e administracións públicas incumpren a lei e destrúen o territorio !!e non pasa nada¡¡

Ningún comentario: