venres, 7 de marzo de 2008

TODO O CHAN URBANIZABLE

Mariano Rajoy quere que todo o chan sexa urbanizable
.
O presidente do PP e candidato do seu partido á Presidencia do Goberno, Mariano Rajoy, asegurou onte que se se fai co triunfo electoral o vindeiro domingo creará un Ministerio dedicado ás novas tecnoloxías. Así mesmo, mostrouse a favor de que "todo o chan" en España sexa "urbanizable" e reafirmouse no seu compromiso de plantar 500 millóns de árbores nos próximos catro anos.
Nun encontro dixital cos lectores de 'elmundo.es', Rajoy sostivo que, para poder "competir" e "vivir mellor", España necesita cidadáns "moi ben formados e que estean na primeira liña das novas tecnoloxías, da sociedade da información, a sociedade das comunicacións".
Por iso, asegurou que esta será "unha absoluta prioridade" do seu posible futuro Goberno, que contaría con "un Ministerio dedicado exclusivamente a estes temas", nos que nos xogamos o futuro".
Por outra banda, o líder dos 'populares' tamén se referiu ao problema da vivenda, para o que, recoñeceu, non existen "varitas máxicas". No entanto, defendeu que a solución pasa por "liberalizar o chan", xa que España é "un país con pouca densidade de poboación". "Eu son partidario de que todo o chan sexa urbanizable e que as limitacións para a edificación veñan impostas polo respecto ao medio ambiente e á ordenación do territorio", explicou.
Así mesmo, preguntado por se segue "convencido" de que poderá plantar 500 millóns de árbores en catro anos, Rajoy respondeu que si se poden plantar" e asegurou que isto xa se fixo nos anos 95, 96 e 97".
.

Ningún comentario: