venres, 2 de maio de 2008

OS POLÍTICOS...

XURO OU PROMETO POLO MEU HONOR CUMPRIR FIELMENTE COAS OBRIGAS DO MEU CARGO, GARDAR E FACER GARDAR A CONSTITUCIÓN.
.
A POLÍTICA É O ESPECTÁCULO DO NOVO CIRCO ROMANO. LEVADO ATA OS FOGARES, CAFETERÍAS E CENTROS SOCIAIS CONVERTE AOS CIDADÁNS EN ESPECTADORES E AOS REPRESENTANTES DOS CIDADÁNS EN ACTORES PROFESIONAIS.
.
A DEMOCRACIA CONSISTE EN VOTAR POLO ACTOR QUE MÁIS GUSTE. ELES FAN O GUIÓN, DIRIXEN A OBRA E REPÁRTENSE OS PAPEIS.

CONSEGUIRON FACER TAN DIFÍCIL A DEMOCRACIA COMO ATRAVESAR A PANTALLA DA TELEVISIÓN.
.
E ESTASE TAN BEN NA CASA.........ATA QUE TE A DERRUBAN.
.
Núñez Feijoo aprobou o plan de Ourense malia coñecer as súas irregularidades. O entón conselleiro sabía que o Concello cambiara o planeamento:
..
A Consellería de Ordenación do Territorio encabezada no 2003 polo actual líder do PP, Alberto Núñez Feijoo, tivo constancia documentada, en abril daquel ano, de que o planeamento urbanístico de Ourense exposto ao público no Museo Municipal non era o mesmo que aprobara inicialmente o Concello un ano antes. Tanto o entón alcalde de Ourense, o popular Manuel Cabezas, como o propio Núñez Feijoo, recibiron sendas notificacións dun particular, con acta notarial das irregularidades, alertándolles do "cambiazo" dos planos.
.

Nuñez Feijóo aprobou o Plan Xeral do Pino pese aos informes en contra de Cultura.
.
A Consellería de Política Territorial que presidía Alberto Núñez Feijóo aprobou de 2003 o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do concello do Pino, pese ao ditame en contra da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura do seu propio Goberno que informou desfavorablemente contra o citado plan.O informe do departamento de Pérez Varela aludía o 25 de abril de 2003 á necesidade de protexer no planeamento do concello coruñés "aqueles espazos que polos seus valores deben ser obxecto dunha especial protección arqueolóxica" e requiría ao goberno local para que incluíse "un catálogo completo e pormenorizado dos xacementos" así como "unha ordenanza de chan rústico de protección de Patrimonio".

toda a información, aquí...

¿tampouco desta vez os políticos teñen responsabilidades penais?

¿non vai actuar dunha vez os fiscais e xuíces contra a corrupción urbanística?

A lei establece con claridade que a responsabilidade última dos plans urbanísticos depende do conselleiro/a de Política Territorial". Ademais " a día de hoxe" Núñez Feijóo, o "gran instigador de todo isto" e "máximo responsable", non se pronuncia para explicar "que estivo facendo co urbanismo salvaxe deste país". Os poderes públicos deben investigar a xestión "irresponsable" de Núñez Feijóo á fronte da consellería de Política Territorial.

Ningún comentario: