martes, 12 de agosto de 2008

OS MAIORES ESCÁNDALOS DO PP, BALEARES

Anticorrupción desmonta en Baleares outra trama de altos cargos de Matas
.
Cinco detidos en Mallorca por malversación, suborno e prevaricación
.
A portavoz do PP, imputada noutro caso, promete ser "inmisericorde"
.
Novo escándalo de suposta corrupción económica na xestión do anterior Goberno balear, presidido por Jaume Matas (PP). O último caso destapado de malversación de caudais afecta de cheo á antiga cúpula directiva do Consorcio de Turismo Joven e salpica á ex conselleira de Presidencia Rosa Puig.
A Fiscalía Anticorrupción ordenou arrestar onte a cinco persoas: os ex altos cargos Damián Amengual, ex xerente do consorcio, e Juan Francisco Gosálbez, ex xefe de servizos; María Auxiliadora Pérez, esposa deste último; Jaime Cerdà, contable do consorcio -que quedou en liberdade tras declarar- e o empresario da construción Marcos Pérez Martínez, tamén libre desde onte á noite.
A denuncia presentouna o actual Goberno, presidido polo socialista Francesc Antich, tras un traballo de auditoria que desvelou as supostas irregularidades.
Pedro Horrach, fiscal anticorrupción de Baleares, analiza a existencia de posibles delitos de malversación continuada de caudais públicos, suborno, prevaricación, negociacións prohibidas aos funcionarios e falsificación documental. Os detidos mostráronse dispostos a colaborar durante as súas declaracións de onte na comisaría da Policía Nacional en Palma.
A mecánica dos subornos por pago de comisións quedou apuntada polos protagonistas. Nalgúns casos, as dádivas poderían superar o 30%. Está previsto que os arrestados pasen a disposición xudicial hoxe e que Anticorrupción eleve unha querela criminal mañá.
Turismo Joven encargábase do circuíto de albergues, viaxes de estudos de linguas no estranxeiro e rutas internacionais. Suponse que o xerente Amengual e o seu aliado interno, o primeiro executivo Gosálbez, idearon unha serie de actuacións para apoderarse de inxentes cantidades de diñeiro procedentes dos fondos públicos, segundo a acusación.
.

Ningún comentario: