domingo, 17 de agosto de 2008

VINTE ANOS DE EDIFICIOS ILEGAIS EN VIGO

Alcaldes de todas as cores concederon licenzas a edificios condenados á derriba polos tribunais desde 1991
.
Corporacións de todas as cores víronllas con actuacións anuladas polos tribunais.
.
Desde finais dos oitenta, Vigo pasa por un auténtico descalabro urbanístico que culminou con dous PXOM, en 1993 e 2008. De Soto a Porro, todos os alcaldes tiveron a súa dose de culpa.
.
A maioría das actuacións teñen en común o autor do recurso, Eduardo Canabal, cidadán vigués que ata aparece no informe anual do Ministerio Fiscal pola súa reiteración no uso do contencioso. Con éxito, porque todas as súas accións coñecidas acabaron noutras tantas sentenzas contra o Concello, logo ratificadas polo Tribunal Supremo. A última é tamén a máis singular de todas: é a primeira, a Colina de Castrelos, e tamén a única que non ten a Canabal por autor e a de máis difícil legalización por non ser un asunto de volume senón de adaptación ao contorno. A pesar de todo, o actual alcalde, Abel Caballero, quere legalizar o edificio para evitar a quebra económica do Concello, que noutro caso ten-dría que afrontar o pago duns 40 millóns en indemnizacións. Caballero reclamou responsabilidades políticas aos seus antecesores e ata advertiu de que faría un informe respecto diso, ¿para que non se vaian de rositas, porque a xente pide que se asuman os erros?.
O certo é que de Soto a Porro, todos tiveron algo que ver, tanto dando licenzas logo anula-dás como intentando resolver os problemas heredados, que foron acumulándose paradoxalmente a partir do Plan de 1993, nacido para pór orde e que terminou por crear máis confusión, ata o punto de redactarse un novo con unha tramitación de oito anos ata a súa entrada en vigor o próximo día 25. En teoría, servirá para legalizar case todo, aínda que serán finalmente os tribunais os que terán que avalar as medidas, que afectan a uns 1.500 propietarios de pisos.
Os chalés de Canido, as urbanizacións de Jacinto Benavente e A Pastora, as torres de Ifer ou, o máis recente, a licenza ao centro comercial Gran Vía (concedida polo goberno de Corina Porro con oposición do PSOE) están á espera. Outras actuacións tiveron máis sorte: Rosalía de Castro, con sentenza de anulación do proxecto de compensación, foi a única onde unha denuncia acabou no fiscal, que chamou a declarar á Corporación de 1991, aínda que o Supremo arquivou o caso ao non atopar causas penais contra alcalde (Príncipe) e concelleiros.
.
A Colina de Castrelos.
.
O edificio decano entre os ilegais conseguiu licenza en 1991, sendo alcalde Manuel Soto. A denuncia veciñal de 1993 terminou nunha sentenza do TSXG ordenando a demolición por non adaptarse á contorna. A última sentenza, este mes, apenas deixa marxe ao Concello, que intenta legalizar o bloque para evitar indemnizar.
.
Torres de Ifer.
.
Licenza a instancias de Xesús Costas, de EG, durante o mandato de Carlos Príncipe. Eduardo Canabal presentou recurso ante o Tribunal de Galicia por exceso de volume e erros de tramitación. A sentenza, confusa, anula o ámbito, o proxecto e a licenza. Poderase legalizar a través do novo PXOM.
.
Chalés anulados.
.
Unha urbanización de luxo no peirao de Canido: unha licenza concedida durante o mandato de Carlos Príncipe que acabou con anulación xudicial da licenza (de novo por recurso de Canabal) con Manuel Pérez. Curiosamente, Manuel Fraga estivo presente na inauguración dos chalés, a pesar de carecer de permiso.
.
Unha urbanización.
.
A última sentenza, obra de Canabal, caeu sobre a urbanización A Pastora, condenada polo Tribunal de Galicia, fallo recorrido ao Supremo. De novo, exceso de volume que levou a anulación da ficha urbanística, o proxecto e as licenzas concedidas por Manuel Pérez. Poderase legalizar co PXOM.
.
Vivendas e xoguetes.
.
Outra urbanización condenada: composta por un bloque de vivendas (exceso de volume, xa que logo, máis pisos dos debidos) e Toys r Us, o Tribunal de Galicia ditaminou que a licenza concedida por Dores Villarino, con Príncipe de alcalde, era anulable. Recorrido o fallo, legalizarase co novo Plan.
.
Centro comercial.
.
A última polémica: Finca do Conde, actuación autorizada por Manuel Pérez, foi atacada por promotores, partidos e a propia Xunta. Houbo anulación, pero o Consello Consultivo obrigou a Castrillo, xa alcalde, a dar licenzas. Corina Porro deu o último permiso, o centro comercial, con fallo en contra aínda que recorrido.
.
Atlantico

2 comentarios:

claudioataturk dixo...

Me dá la impresión de que sois unos luchadores de balde, que dicen, dicen, pero al final todo se queda en nada.Porqué no denunciais a todos los responsables que no son solo los Alcaldes. Promotores, Arquitectos,Funcionarios municipales de urbanismo,Notarios y Registradores, todos estos son complices necesarios para aceptar las licencias, para desarrollarlas aumentando los volúmenes y saliendose de lo concedido por ley, etc..
Ya vá siendo hora de conocer tambien sus nombres que curiosamente se repiten en algún caso.
Espero vuestro comentario y acción, que Vigo se nos está destrozando y los ilegales ya no temen nada ni a nadie pues TODO es LEGALIZABLE. Bueno eso creen ellos. Ya veremos.
Saludos.
Ataturk.

Anónimo dixo...

Pues… Yo creo que el “tío Abel” no nos va a sorprender con su lista de los “listos” y sinvergüenzas que se beneficiaron o de una forma u otra colaboraron con la CORRUPTELA DEL PIRICOTO, esta es otra más de las ventas de humo por su parte, para llenar “pagina” en los medios de comunicación, igual que el PUERTO VIRTUAL, o como cuando salio con casco blanco subido a la escavadora, de la derribada CASA MAR, diciendo que comenzaban las obras del futuro Auditorio. De eso ya van seis meses

Nadie debería tener la menor duda de que el sabe perfectamente quienes son y el grado de responsabilidad. Desde el ex alcalde Soto, hasta el ultimo de los concejales, empresarios, promotores, intermediarios y ¿Por qué no? Los dueños del solar, familiares directos de un ex concejal de EG muy conocido que es funcionario y va por la vida de “estirado” con su toga defendiendo la ¿Justicia? Municipal.

Si Abel Caballero, no hace publica esa relación y de inmediato la presenta en el JUZGADO DE GUARDIA y en la FISCALÍA para su investigación, estará cometiendo un delito de ocultación a la justicia y debería ser inhabilitado para ejercer como tal.

Por otra parte, considero que las indemnizaciones a los propietarios deben de ir acompañadas de una penalización ya que los compradores sabían que dicha URBANIZACIÓN, estaba denunciada en los juzgados y el resto si hay que cambiar la Ley, que se cambie ya, para que no sean los ciudadanos a través del CONCELLO DE VIGO, quienes paguen la responsabilidad de otros y sean estos con SU PATRIMONIO y la cárcel, más la correspondiente inhabilitación para volver a ejercer ningún cargo publico el resto de su vida.

La JUSTICIA tiene que ser igual para todos, si se derriba la casa de una humilde familia como la de SAMPAIO hace unos meses o la de una anciana de Cástrelos, cuando hace unos ocho años acudió el “tío Toba” subido a la escavadora, hay que derribar el PIRICOTO y todo lo demás, que esta en entredicho por la justicia.

Un saludo Voltaire-Vigo