venres, 8 de agosto de 2008

A XUNTA, PROXECTO SEN SENTIDO


A Xunta dá un novo bandazo nun proxecto que segue sen ter sentido
.
A diferenza entre ter as ideas claras ou non telas é seguir o camiño en liña recta ou dar bandazos. E o complexo que a Xunta levanta no monte Gaiás é clara proba diso. Cando o bipartito chegou ao Goberno fai tres anos atopouse un proxecto no que había que investir case 500 millóns de euros para unha serie de supostos colectores culturais pero carentes de contido. Faltou valor político naquel momento para pór fin a semellante malgasto e a decisión foi unha fuxida cara a adiante. Déronse un prazo de ano e medio para anunciar aos catro ventos que atoparan a solución, ata financeira, ao problema. Con todo, cando pasou outro ano e medio, a Xunta descólgase cun plan alternativo que non só deixa sen efecto o anterior, senón que demostra que non servía.
E probablemente virán máis plans mentres non exista valentía política para tomar unha decisión cabal: parar os edificios que aínda están sen empezar e tratar de buscar un sentido, unha utilidade e sobre todo unha rendibilidade a todo o diñeiro enterrado en cemento e granito no monte.

Ningún comentario: