sábado, 20 de setembro de 2008

AS CONTAS DE ABEL CABALLERO NO PORTO

A XUNTA OCULTA AO PARLAMENTO AS CONTAS DE ABEL CABALLERO Á FRONTE DO PORTO DE VIGO.
.
A sombra do escurantismo nas contas públicas sobrevoa de novo aos socialistas. A Xunta de Galicia negou no Parlamento de Galicia as contas da xestión de Abel Caballero como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo durante os anos 2006 e 2007.
Os informes da Intervención Xeral do Estado sobre as contas e en especial as valoracións desta sobre 'os millonarios gastos en publicidade' dos meses anteriores a campaña das eleccións municipais, nas que se presentou como candidato do PSOE a alcaldía de Vigo.
O presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, encargado de responder a pregunta parlamentaria do deputado popular na Comisión de Ordenación Territorial, negouse a facilitar eses datos. 'Multiplicou os gastos en publicidade, con diñeiro público, para promocionar a súa imaxe persoal, algo que nunca fixera ningún representante da institución na súa historia'.
No ano 2006 os gastos publicitarios foron de case 900.000 euros, catro veces máis que no ano anterior, dos que non se xustificaron no Parlamento a cantidade de 650.000 euros'.
'Dos gastos do señor Caballero durante o ano 2007 en publicidade, xusto o ano das eleccións, negáronse datos de forma reiterada ao Parlamento' indicou un parlamentario, quen denunciou a existencia dunha 'lei de silencio' en torno as contas do ex-presidente da Autoridade Portuaria por parte da Xunta de Galicia e do propio Porto de Vigo.
'Os cidadáns temos dereito a coñecer en que gastou o diñeiro público o señor e o PSOE non pode impor unha lei do silencio ata ao Parlamento'. A oposición reclama 'luz e taquígrafos' dunhas contas 'das que apareceron graves denuncias nos medios de comunicación sobre irregularidades na contratación de persoal' por , ata na utilización do patrimonio público, como foi a vivenda no edificio do Porto, por parte de cargos do PSOE e colaboradores do actual alcalde de Vigo.

Ningún comentario: