domingo, 28 de setembro de 2008

OS TRIBUNAIS E O PXOM DE VIGO

O Tribunal Superior de Xustiza tramita un recurso veciñal que pide a anulación do novo Plan Xeral de Vigo.
.
A sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pediu ao Concello vigués que lle remita o expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que entrou definitivamente en vigor o pasado 25 de agosto. Con esta medida devandito órgano xudicial inicia o estudo do recurso contencioso administrativo presentado por diversos colectivos veciñais da cidade cuxo obxectivo é lograr a súa anulación.
O documento que foi aprobado polo Concello e a Xunta logo de sete anos de tramitación é ilegal e queren que se reinicie de novo a súa elaboración. Os principais motivos de desconformidade son a perda de centos de vivendas nas parroquias da periferia (15.000), tanto polos novos polígonos de vivendas como pola construción do viario coñecido como A Rolda, ausencia da Avaliación Ambiental Estrátegica, previsións demográficas infundadas, sen estudo de mobilidade sostible, sen garantias de desenvovemento, sen nova exposición pública, un plan que pretende construír 116.061 vivendas, das cales 55.709 nos primeiros catro anos, un plan insostible, en definitiva, o PXOM destrue o rural vigues.
Estas entidades víronse tamén afectadas pola celebración a porta pechada do pleno de aprobación, en decembro pasado, motivo polo cal tamén recorrérono ante os tribunais. A aceptación a trámite do recurso coincide coas primeiras medidas que adopta o Concello para iniciar o desenvolvemento do Plan Xeral.

Ningún comentario: