sábado, 18 de outubro de 2008

CAMBIO CLIMÁTICO

O Nobel Al Gore compara o quentamento global coa situación económica
.
O premio Nobel da Paz e ex vicepresidente de Estados Unidos Al Gore comparou onte a «crise» climática coa crise financeira actual, e dixo que en ambos os casos a solución debe ser global. O cambio climático, segundo destacou, é real e pode chegar a ser «catastrófico», pero considera que se se conseguen reducir as emisións de dióxido de carbono o proceso pode ser reversible e, nese caso, «as nacións que se adapten máis rápido a unha economía baixa en carbono serán as que prosperarán».
Durante unha conferencia que ofreceu en Ferrol, Al Gore relacionou a actual crise financeira co que denomina a «crise climática», e sinalou que, mentres a primeira comezou polo «derrube das hipotecas lixo» e afectou de forma global a todo o planeta, a segunda tamén sufrirá o «derrube dos activos de carbono lixo» e require, así mesmo, unha solución global.
«Afrontamos a crise máis perigosa de toda a historia da humanidade e hai que evitar que saquen beneficio as empresas que se trasladan a rexións con menos límites nas emisións de CO2», sinalou Al Gore. Resaltou ademais que a solución pasa por cambiar os sistemas de produción de enerxía e, neste punto, apostou polas enerxías renovables.

Ningún comentario: