sábado, 4 de outubro de 2008

VERTEDURAS INCONTROLADAS SEN DEPURAR



"Tirón" de orellas da CE polas verteduras ó Tea en Ponteareas
.
O organismo abre un procedemento de infracción contra España por non depurar.
.
A Comisión Europea anunciou onte que abriu un procedemento de infracción contra España por verteduras incontroladas sen depurar ó río Tea, ó seu paso pola localidade pontevedresa de Ponteareas.
O comisario de Medio Ambiente, Stravos Dimas, explica en resposta a unha pregunta parlamentaria do eurodeputado de Izquierda Unida (IU) Willy Meyer, que a aglomeración urbana de Ponteareas "do mesmo xeito que outras" non cumpriu "dentro do prazo fixado" as disposicións da directiva sobre o tratamento das augas residuais. Por iso, decidiu abrir un procedemento de infracción.
A norma establece unha obrigación de recollida e tratamento das augas residuais aplicable a todas as zonas de vivenda ou de actividade económica que presentan concentración suficiente -aglomeracións urbanas-, cunha poboación superior ós 2.000 habitantes.
O comisario recorda que os prazos para o cumprimento dos obxectivos da directiva eran 1998, 2000 e 2005 respectivamente, dependendo do tamaño da aglomeración urbana e das características das augas afectadas.
A zona de vivenda de Ponteareas está incluída no ámbito de aplicación da norma, segundo a cal, a capacidade das instalacións de tratamento das augas residuais debe ser proporcionada con respecto á masa de augas residuais urbanas que se ten de tratar, segundo a Comisión.

Ningún comentario: