mércores, 12 de novembro de 2008

CORUXO: BRANCO NUCLEAR

E STÁ
D ENTRO DUNHA
Á REA
R ADIOACTIVA
.
(DEPURADORA) di a noticia que tres Administracións se van a unir para enterrar definitivamente a actual fonte de contaminación. A nova central será:
.
Unha instalación que, segundo os técnicos, garantirá o tratamento das augas residuais que se producen en Vigo ata o ano 2040. .
.
Como se pode garantir que a auga contaminada (mestura de augas residuais, industriais e pluviais) en tempos de maior precipitación vaia entrar e saír depuradas. E sen ser desviadas aos aliviadoiros?.
. .
O custo da instalación da depuradora, superará os 200 millóns de euros
..
Nada se fala da lei nin das responsabilidades civís e penais. Os gobernantes e os técnicos implicados na súa localización, obsolescencia e mal funcionamento non responderon ante o Pobo nin ante ningunha das súas Institucións. Seis mil millóns de pesetas malgastadas na actual central non é asunto que interese particularmente á Administración de Xustiza. Parece que a planta quedouse obsoleta soa e funciona mal porque todo tende a estragarse. Ocupar, presumiblemente, terreos e vivendas, e achegarse a colexios, non é significativo para o xornal.
Para conseguir este obxectivo, a capacidade da nova planta será o dobre da actual, que se quedou obsoleta ademais do mal funcionamento constatado polos expertos. A nova planta situarase nos terreos que ocupa a actual e cun incremento pouco significativo da superficie.
Sóbranos auga, podemos tirar a que sae da depuradora cun emisario máis moderno.
A terceira parte será a construción dun novo emisario submarino que substituirá ao que actualmente está en servizo e que terá características máis modernas.
O envenenamento lento dos cidadáns de Coruxo e a contaminación da Ría son apenas molestias. Que duren máis de 10 anos, non é significativo.
A Unión Europea impuxera unha elevada sanción económica a España polo incumprimento de directivas comunitarias debido ao mal funcionamientode a planta actual. De acordo cos informes, ese defectuoso funcionamento é a causa das molestias aos veciños da zona.
Onde están os informes que alertan dunha nova catástrofe? Está empezando a construírse unha nova cadea de erros. Os profesionais, e defensores da legalidade e do interese xeral gardan silencio. Pareceque a eles non lles afecta.
..

Ningún comentario: