venres, 28 de novembro de 2008

EXPROPIANOS E MORREN DE PENA

A anciá que parou un plan urbanístico en Murcia falece catro meses logo de ser desaloxada.
.
Violante, de 84 anos, foi obrigada a abandonar a súa casa na horta e reacollida nun piso.
.
Cando o pasado 18 de xullo o Concello de Murcia derrubou a casa de Violante na horta para construír unha gran avenida, os seus familiares non paraban de repetilo: "Non poderá vivir moito fora da horta, non soportará vivir nun piso". Violante, de 84 anos, só resistiu catro meses. Onte faleceu en Murcia de "parada cardiorrespiratoria, shock séptico e fallo multiorgánico", segundo informou a familia. Os seus familiares din que faleceu de pena, logo de loitar durante máis dun ano por manter a súa casa na horta.
Fai un ano Violante e o seu marido, Pedro Camacho, de 90 anos, foron noticia porque no último instante un xuíz parou os plans do Concello de Murcia de derrubar a vivenda e a horta e reacoller ao matrimonio nun piso. O xuíz tomou a medida para "paliar as graves consecuencias que para a saúde" do matrimonio de anciáns "podería levar o seu desaloxo en condicións similares". Os anciáns viviron toda a súa vida nunha casa da horta de Murcia, con galiñas, gatos e limoeiros e o xuíz, baseado nos informe médicos, temía pola súa saúde se os mandaban a un piso. Pedro e Violante entendían que a súa casa podía estorbar, pero pedían unha similar, aínda que fose máis barata que o piso que lles tocaba. O xuíz impediu a derriba "ata tanto teña lugar o seu realoxo provisional en vivenda de similares condicións na contorna da expropiada".
O Concello recorreu co argumento de que esas vivendas na o horta estaban "condenadas a desaparecer". E gañou. O Tribunal superior de Murcia fallou o pasado mes de xuño que, aínda que "o abandono da súa vivenda" podía "ocasionar prexuízos" á parella a vivenda fora expropiada e necesariamente debían abandonala".
O pasado 17 de xullo, Violante e Pedro deixaron a casa que habitaban desde 1946. Ao día seguinte a picaraña derrubou a vivenda. "Desde entón ela dicía que non quería vivir así. Logo de toda a vida na horta un piso non era bo para ela e os médicos advertírono", explica a súa familia. Fai un mes ingresou por primeira vez no hospital e o 10 de novembro un parte médico alerto da deterioración que sufría a muller polo desaloxo. Onte á noite faleceu no hospital. A súa familia quere que se coñeza o caso: "Hai moitos huertanos que abandonan a súa casa porque os expropian e morren de pena".
"Que se saiba que isto ocorre"
.

Ningún comentario: