domingo, 30 de novembro de 2008

LICENZAS ILEGAIS EN GONDOMAR

Só unha das 300 licenzas ilegais de Gondomar pode acabar en derriba.
.
A casa pertence a un funcionario da oficina local de urbanismo.
.
Foi a última licenza ilegal de obras outorgada pola Xunta de Goberno de Gondomar, o 17 de xaneiro de 2006, no río revolto da normativa urbanística local. A última de máis de 300, todas ilegais. O fiscal pide cárcere e inhabilitación para o ex alcalde e outros cinco ex concelleiros no xuízo por prevaricación que continúa mañá en Vigo. As obras con aquelas licenzas foron realizándose e só sobre unha, a última, unha vivenda unifamiliar, hai unha orde xudicial de demolición.
O 16 de xaneiro de 2006, véspera da última licenza de obras en Gondomar, a secretaria municipal presentou ao goberno local o informe que tapaba todo buraco de escape para continuar dando permisos. O Tribunal Supremo sentenciara en febreiro de 2005 a anulación do plan xeral, pero os gobernantes de Gondomar pensaron que podían esquivar o fallo e foron leando a súa aplicación ata esgotar as posibles saídas, cegadas en última instancia pola Xunta e polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...
.

Ningún comentario: