martes, 4 de novembro de 2008

ORZAMENTOS INSOLIDARIOS EN VIGO (II)

Os orzamentos de Vigo dan as costas á crise económica.
.
Non hai ningún indicio, máis aló da edición de suplementos na prensa local, de que se vaia a facer coa celebración do Bicentenario. O orzamento adianta meramente a vontade de gasto. Aínda que as contas "non son unha repartición de pastel", segundo Domínguez, sobre os 400.000 euros que el xestionará no evento, Caballero engade outros 200.000 para o mesmo. E non será o único acontecemento importante que depare 2009 á cidade.
Tamén partirá de Vigo a regata internacional Atlantic Challenge, antes coñecida como Cutty Sark. Caballero dedicará a iso 200.000 euros, e outros 90.000 á celebración da Feira Mundial de Pesca, á que á súa vez Domínguez destina outros 160.000 euros desde a parrilla de Turismo nunha partida específica desglosada dos gastos correntes deste departamento, que aumentan en 678.500 euros.
As tres celebracións citadas e a promoción da candidatura á Universiada consumirán polo menos 1,6 millóns. E aumentarán significativamente os gastos de publicidade e propaganda.
Os de persoal (capítulo 1) e os correntes (2) rexistran subidas do 5,19% e do 7,46% respectivamente. O de investimentos reais (6), con todo, só crece un 3,67%: por baixo da subida dos impostos (4,2%) e podería resultar equivalente ao índice de inflación. O Goberno prevé recadar, a pesar da crise, 6,8 millóns máis (5%).
A falta de crecemento nos investimentos reais máis o machazo ás citadas transferencias de capital (capítulo 7) reflicten tamén en si mesmas as opcións de gasto elixidas polo Goberno. Ambos capítulos sofren conxuntamente unha diminución do 30%: os 38 millóns do actual exercicio pasan a ser 23 millóns no próximo. A rebaixa drástica nas transferencias de capital fai que, por exemplo, desapareza a subvención á Federación de Asociacións de Vecinos (54.000 euros), xunto con outras moitas.
A diminución no gasto con incidencia social que se deriva do recorte nos capítulos 6 e 7 (investimentos reais e transferencias de capital) inclúe as obras de humanización ou embelecemento de rúas, que crece "sen precedentes", segundo Abel Caballero, ata os 9,3 millóns de euros, pero dentro dun departamento, o de Vías e Obras, que perde case un 4% do seu orzamento no actual exercicio. As transferencias ás empresas dentro das políticas de emprego mantén a mesma partida que o actual exercicio (257.000 euros) e as axudas ao emprego auméntanse un 5% (120.000 euros, dos que 25.000 destínanse á difusión de programas).
As partidas de Benestar Social crecen un 4% (278.000 euros), subida que queda practicamente absorbida polo aumento do IPC nos convenios xa existentes coas asociacións de axuda aos máis desfavorecidos. Ademais, redúcense nun 57% os investimentos do propio departamento, baixo competencia do BNG.
Tampouco sae ben parado o departamento de Educación, de competencia socialista, que perde o 1,9% da súa dotación no actual exercicio. Destínanse 400.000 euros ao programa de aulas internacionais, organizado para que os escolares vigueses vaian ao Reino Unido a aprender inglés. A cifra, como ben sinala Caballero, duplica a do actual exercicio no epígrafe común. Pero o alcalde evita informar de que do mesmo casilleiro desaparece outra partida de 300.000 euros que se destinou este ano a bolsas tamén para a aprendizaxe do inglés. En conxunto, xa que logo, as axudas para educación en linguas estranxeiras redúcense en 100.000 euros.

1 comentario:

Anónimo dixo...

ELENA ESPINOSA Y EL APROVECHAMIENTO DEL AGUA)

Se nota que se acerca etapa electoral y ya empiezan a aparecer los MARCIANOS y las marcianas vendiéndonos HUMO transformado en promesas que en la mayoría de los casos jamás se cumplirá.
Aparecen en la Universidad la ministra de Medio Ambiente Elena Espinosa hablándonos de los recursos naturales, en este caso el ahorro del AGUA. Para empezar cabria preguntarse si esta señora, (Puesta en el cargo de ministra con el único merito de pertenecer a la “cuota” como si de carne se tratara de BLANQUITO en Galicia en su carrera la ocupar el sillón de Touriño) Entenderá de lo que esta hablando, no olvidemos que por el mismo medio, ya ocupo la cartera de PESCA Y AGRICULTURA con unos resultados nefastos sobre el sector, por eso no siguió en dicho cargo y ahora como si de una tontería se tratara, la pusieron al frente de Medio Ambiente como la podrían poner el VIVIENDA al igual que pusieron en su día a la Trujillo y en tres años y medio no se entero del recado y luego el FILIBUSTERO-ZAPATERO coloco a Carmen Chacon que prometió hacer en seis meses lo que no hizo la anterior en tan largo espacio de tiempo, la prueba de que TODO ES HUMO es que en el nuevo Gobierno la Chacon no siguió en vivienda y la pusieron en algo que todavía tenia menos idea. COSAS DE LA CUOTA.
Yo le aconsejaría a la señora ESPINOSA, que empezara por prohibirle a su compañero de partido y alcalde de Villagarcia de Arosa, (que lo fue durante muchísimos años) que dejen de DESPILFARRAR MILLONES DE LITROS DE AGUA en un JALDROCHADA irrespetuosa e irresponsable con el MEDIO AMBIENTE como es la FIESTA DEL AGUA que nada tiene que ver con la hecha por Juan Alberto Bellot alcalde de Zaragoza.
Elena… Vaite dar un baño e deixa o posto para quen entende do que falas e non vendas mais fume. VOTA EN BLANCO

Voltaire-Vigo