venres, 21 de novembro de 2008

¡TABERNERO! : ¡PON OUTRA ROLDA!

INCONGRUENCIA, DESCOORDINACIÓN E INCOMPETENCIA.
..
Estas son as medallas que lucirán BNG, PSOE E PP cando pidan o voto aos cidadáns nas próximas eleccións. Por méritos propios son merecedoras delas. A súa actuación decisiva no Concello de Vigo e a Xunta de Galicia, será recordada por todos os vigueses.
Logo de non atender a miles de alegacións presentadas, e malia os numerosos cambios introducidos e non realizar unha nova e obrigada exposición pública, Concello e Xunta aproban o PXOM de Vigo e con el un vial: Rolda de Vigo. Con todo, aos poucos meses, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia presenta aos catro ventos o plan Vigo Íntegra, que recupera un tramo de Rolda descartado polo Concello na fase de alegaciones. De saír adiante, obrigará a modificar o Plan Xeral.
Citroen (Zona Franca) suscita, tamén, nunha fase posterior á aprobación do PXOM e previa á recente situación financeira, un trazado distinto de Rolda por Matamá. A Citroen: todo o que pida; apúrase a dicir o alcalde (Abel Caballero, PSOE).
Así, hoxe temos no ámbito S-33-I, ampliación Industrial do Polígono de Balaídos, sobre o mesmo plano, TRES TRAZADOS, do vial "Rolda de Vigo", non coincidindo NINGÚN co proposto polos veciños afectados. Matamá padece, ademais, os graves inconvenientes de ter próxima ás súas vivendas unha industria contaminante.
Non esaxeramos ao falar de incompetencia e descoordinación entre as Administracións. Tampouco ao dicir que hai prexudicados por este irresponsable xeito de gobernar do BNG, PSOE e PP. Os veciños son, hoxe, cidadáns torturados pola incerteza, nun xogo cruel facilmente substituíble, de dereita e esquerda, que ten en vilo a súa saúde desde fai anos. Do trazo fatal dos afiados lápices de arquitectos e enxeñeiros dependen as súas vivendas e o seu futuro.
Hoxe, os cidadáns non saben que están nos soños de quen lles serven, e fanse preguntas.
.
-Como o PSOE, antes estaba en contra do PXOM, e agora está encantado con el?
-Por que enganan á xente?
-A súa visión de futuro era verse a eles mesmos no poder?
-É legal realizar actividades nocivas, insalubre ou perigosas a menos de 50 m das vivendas?
-A ilegalidade seguirá porque os partidos nunca se controlarán a se mesmos nin a quen lles manteñen no poder?
.
Hoxe, só os maxistrados poden acabar con este horror, que xa dura 8 anos. As denuncias están presentadas.

Ningún comentario: