martes, 19 de maio de 2009

LOUZÁN OCULTA O EXPEDIENTE DA OBRA CERTIFICADA EN FALSO

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, está impedindo a consulta do expediente da obra "variante de acceso a Lira", certificada en falso coas firmas do seu director, Baltasar Pujales, e o ex director de Infraestruturas da Deputación, Agustín Hernández, actual conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O Grupo Socialista da Deputación solicitou formalmente o expediente a Louzán a semana pasada. Onte cumpríronse os cinco días que marca a Lei de Réxime Local para que autorizase ou denegase o acceso solicitado: Louzán non se pronunciou en ningún sentido, pero o expediente seguiu inaccesible para os deputados. O presidente da Deputación manteno baixo a súa tutela desde que o BNG denunciou as presuntas irregularidades.
"É un elemento máis nos intentos do PP de ocultación dese expediente concreto e, desde logo, alenta as sospeitas de que nel hai gato encerrado", afirmou onte o secretario provincial do PSdeG, Modesto Pouse. Os deputados, recordou, teñen dereito de acceso a todos os expedientes e os socialistas consideran xa a opción de acudir aos tribunais se o presidente da Deputación persiste en negarlles a consulta.
Hernández, como director de Infraestruturas da Deputación, asinou en decembro pasado o conforme na certificación da obra da variante de Lira, en Salvaterra de Miño, "para non perder a subvención" (50%) do Ministerio de Administracións Públicas, que xa concedera dúas prórrogas, ata 31 de decembro de 2008, para acabar a obra. Con esa certificación e a presentación duns avais, a adxudicataria da obra, Sercoysa, empresa da que Hernández foi director de construción e apoderado antes de ocupar o seu cargo na Deputación, puido cobrar 331.000 euros a pesar de que a obra apenas está iniciada.
Desde o PP insistiuse en que o procedemento administrativo foi "correcto" e "habitual" en todas as administracións para non perder subvencións. O propio Louzán, para ilustralo, sinalou dous casos análogos dos concellos de Cangas e Pontevedra, os cales, con todo, resultan pouco afortunados para subliñar a "normalidade" do procedemento de Salvaterra.
Contraditorio
En Pontevedra, con subvención da Consellería de Vivenda, o Concello adxudicou unhas obras na contorna de Santa María por 2,3 millóns de euros e dous días despois, en decembro de 2006, certificouse unha provisión de materiais que permitiu á adxudicataria cobrar 801.000 euros. A operación, segundo fontes municipais, foi "absolutamente legal" e o certificado situouse dentro da porcentaxe permitida sobre o importe da obra.
En Cangas, o asunto está xudializado por demanda de todos os concelleiros do PP, o que contradi o criterio de "práctica habitual" que o partido aplica ao caso de Salvaterra. En Cangas certificouse en decembro pasado a primeira fase (movemento de terras e canalización: 30.000 euros) dunha pista de skate orzada en 104.000 euros, con subvención bianual da Consellería de Cultura. Os concelleiros do PP non viron máquinas que fixesen o movemento de terras e o 13 de abril a técnica que certificou a obra prestou declaración ante o fiscal. A pista está xa construída do todo.

1 comentario:

Voltaire-Vigo dixo...

VIGOBLOG 20-5-09

Obras son amores…? Es la pasta huevon, es la pastaaaa…

¡¡Hooome claroooo!! Como diría Quintana en CORRE CARMELA QUE CHOLLE de Radio Voz.

Tiene toda la razón Galopin, reformar, reformar…. ¿Y el conjunto de las comisiones, cazos, proyectos, ladrillos, hormigón…. Una pasta gansa oiga…

¿Por qué os creéis que anda Abel y el teniente Santi-chikilicuatre DESBROZANDO LA CIUDAD de arriba abajo importándole tres cojones las quejas de TODOS los ciudadanos? La pasta, sí, sí la puta pasta.

Tengo en mis manos la portada del Faro de Vigo del 12/12/2006 que recoge hoy el Patio de Cachamuiña, ver todos los grandes proyectos de promesas incumplidas desde el puerto con pasta de los vigueses, pero que el tío Abel, no hizo nada de nada… ¿PERO LOS PROYECTOS, CUANTO COSTARON? ¿Cómo fue el reparto? ¿A como toco por barba?
Nunca lo dicen, ¿Qué más da millón arriba, millón abajo… Paga o povo.

Por eso el tío Abel, anda desesperado por echar fuera a los de la ESCUELA DE ARTES, pero no le creáis, no, no, es el montaje, esta utilizando el tema para hacer un edificio dedicado a la BIBLIOTECA y no utilizar muchos de los que están vacíos, porque esos no dejan pasta y de esta forma les vende a los afectados el servicio y justifica el nuevo… Al tiempo.

¿Recordáis el MAMOTRETO de Samil, conocido como ‘BERBUN, ¿A que vino aquel empeño del OTRO TENIENTE ya defenestrado, en hacerlo a toda hostia en el peor de los lugares, pero barato, barato no había que pagar los terrenos eran municipales, ¡¡MÁS MARGEN DE NEGOCIO!! Y se gasto por sus cojones 1.500.000.000 de pesetas, cuando el “pavo” ya estaba a punto de marcharse y no repetía como candidato. ¡¡IGUALITO, IGUALITO QUE ESTE TENIENTE!!

Pero lo más cojonudo, es que al final de todo, cuando quedaba poco más de un mes para marcharse, le dijo al alcalde ¡¡RASTRILLO!! No me llega la pasta presupuestadaaaaaa…. Rastrillo, mirándole tembloroso a los ojos, le dijo:
Eu… Coidoooo… ¡¡Ti non coidas nada!! Tesme que firmar por CATRO CENTOS MILLONS MAIS, pra iso che deixo que fagas o chalet de pedra en Baiona mirando a Bahía…

¿Fueron realmente pagados esos dineros…? Sinceramente, no lo se.

Solo se que con tantísimos millones, ¡¡DE TODOS LOS VIGUESES!! Se podría hacer una gran ciudad, con grandes y buenos servicios públicos, pero esto cada vez, se nos parece mas a la ARGENTINA DEL CACO MENEN.

Y lo más grave, algunos hijos de siete padres, (Siete putas decimos en la pampa) Siguen por la calle, como señores, como si nada pasara…

Seguirles votando…

Listas abiertas ya. Mientras tanto, VOTA EN BLANCO

Por cierto, alguien sabe algo del tío Toba? ¿Trabaja o vive de rentas…?