mércores, 13 de maio de 2009

A PICARAÑA ACABA CUN LUXO DE 18 MILLÓNS DE €

Derrubada en Ibiza unha mansión ilegal de 3.159 metros tras anos de preitos.

As escavadoras traballaron sen licenza durante seis meses de 1996 para rebaixar o cume dun monte de piñeirais na zona virxe de Coroa, en Sant Antoni de Ibiza. O músico de nacionalidade francesa Michael Cretu (Bucarest, 1957), alma do grupo Enigma, desmochó un outeiro e, tras un ano de obras, obtivo un permiso municipal (que resultou ilegal) para que coubesen os 3.150 metros cadrados da súa mansión soñada. Catorce anos e unha chea de preitos despois, outras retroexcavadoras derruban desde o xoves por orde xudicial o enorme complexo. Cretu valora en máis de 18 millóns de euros o patrimonio inmobiliario perdido.
"Estaban advertidos da ilegalidade. É unha vitoria que nos gustou non celebrar pero é histórica porque era unha brutalidade", razoa Neus Prats do Grupo de Estudos da Natureza (GEN-GOB), que encabezou as denuncias contra o edificio ata chegar ao Tribunal Supremo. Cretu tardou nove anos en levantar a súa mansión, cun estilo arquitectónico a metade de camiño entre un mosteiro e un castelo, para o que rebaixou en tres metros a altura do outeiro. Para amortecer o impacto visual, rodeou a casa de cipreses e palmeiras.
O músico pelexou ata o final para intentar conservar a súa impresionante mansión. Na súa pelexa, Cretu chegou a conseguir que o Goberno balear de Jaume Matas fixese unha lei ad hoc para que Cretu non tivese que demoler. Non callou a manobra. En 2003, o Supremo ditaminou que debía ser pasto da picaraña. Pero os anos pasaban e a casa seguía en pé. A pertinaz demora municipal en executar a derriba provocou que o Concello de Sant Antoni tivese que pagar dúas sancións de 600 euros polos atrasos na demolición. Agustí Cerveró, avogado de cuestións urbanísticas, recorda que a licenza municipal foi declarada nula nos xulgados porque a paraxe natural goza da máxima protección polas leis propias do Parlamento balear.
"A casa de Cretu podería haberse destinado a usos públicos", manifestou o edil de Sant Antoni, Joan Pantaleoni, do PP, que rexeita a eventual indemnización por 18 millóns a Cretu ao recordar que a licenza só permitía edificar 700 metros cadrados.
O avogado Jaume Roig, defensor de Cretu, lamenta a suposta discriminación contra o propietario por ser moi coñecido e estranxeiro. "A demolición si é exemplar", di o xurista Cerveró. "Acabouse a impunidade", sentenza Neus Prats. Algúns veciños da zona, payeses e turistas, lamentan o gasto e desfeita dunha mansión.

1 comentario:

claudioataturk dixo...

Y en Vigo seguimos sin enterarnos, pero se aproxima la pala. Al tiempo.Lo que tenemos que denunciar es el malabarismo de un "profesional" del chanchullo como J.M.Figueroa que si debe jubilarse por incongruente y voluble sobre el PGOM.
Antes una cosa y ahora otra, pero en Vigo todos nos conocemos y el Sr.Figueroa solo tiene el soporte de una situación electoral que le permite subsistir sinoficio ni beneficio que no sea el que logra asosiado con Louzán y el hermano de C.Porro. Valga Nigrán como ejemplo.
Pobre PP que tiene, sin recambios, a esos políticos de la componenda.ç
Saludos.
Ataturk.