venres, 8 de maio de 2009

A RÍA DE VIGO

Unha aproximación integral ao ecosistema mariño da Ría de Vigo
.
Alberto González-Garcés Santiso, Federico Vilas Martín, Xosé Antón Álvarez Salgado (Eds.)
Instituto de Estudos Vigueses
VIGO

PRÓLOGO

Cando falamos de "Abrir Vigo ó Mar", facémolo co pensamento posto nos obstáculos físicos que impiden, polo seu volume, que o noso ollos poidan contemplar a Ría.
É unha queixa unánime e repetida que os vigueses e viguesas de toda condición proclaman con máis enerxía, no uso do dereito que lles asiste, de gozar da presenza que este ben da Natureza xenerosa outorgou graciablemente a Vigo.
Sen dúbida que urxe eliminar no posible as barreiras que inoportunan a visión da Ría, como aprema así mesmo concienciar ás nosas autoridades que estas tolemias urbanísticas que agreden a paisaxe, non teñen sentido de ser e como tales deben de forma tallante rexeitarse no futuro, porque Vigo e os que nel habitan non poden, en razón da súa existencia e localización, "vertere terga", dar as costas ao mar, nin sequera en algo tan esencial e primario como prescindir do seu contacto e proximidade, que nas distancias do S.XIII inspirou ao noso excelso trobador Martín Codax a lírica das súas Cantigas.
Fago votos porque así sexa.
Pero hai outra barreira quizais menos fácil de sortear que a derivada desta subcultura urbanística deformadora do noso litoral, para que poidamos falar con propiedade e rigor de "Abrir Vigo ó Mar". Estoume referindo ao descoñecemento crecente que a sociedade, máis preocupante se cabe entre a mocidade, demostra da Ría, ese dinámico ecosistema con que convive necesariamente e en gran parte grazas a el.
Non estou moi seguro de que saísemos airosos, a pesar de ser Vigo unha cidade mariñeira, se nos sometesen a preguntas tan sinxelas como que se coñece co nome de fitoplancto, fotosíntesis, afloramento; como se fixa unha batea no seu lugar de fondeo; cal é a zona máis estreita da Ría; que nome reciben os areais e illas máis representativas; que se entende por aves limícolas; que é un pantalán ou en que consiste unha nasa, un trasmallo, un xeito, un miño, un cerco ou un boliche, ou embarcacións como as que designamos cos termos bou, gamela, dorna.
A proba concluíu. Xa é hora de facer contas e avaliar os coñecementos que xustifiquen a nosa condición de habitantes conscientes dunha sociedade asentada xunto ao mar.
O Instituto de Estudos Vigueses, que naceu no xa afastado ano 1991 coa firme vontade de ser servidor dos intereses de Vigo e da súa contorna, aplaude a feliz iniciativa dos autores e das institucións ás que pertencen: Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía; Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC; Universidade de Vigo; CETMAR; IGAFA; INTECMAR e Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
A súa obra, excelente, marcada por dous compoñentes non fáciles conxugarse: unha investigación científica minuciosa e un alto sentido de exposición didáctica, titulada A RÍA DE VIGO. Unha aproximación integral ao ecosistema mariño da Ría de Vigo, publicada polo Instituto de Estudos Vigueses e que teño a satisfacción de prologar, achega ao longo de nove capítulos a documentación necesaria para abrir aos vigueses ao coñecemento do medio mariño ou, o que é o mesmo, para Abrir Vigo ó Mar no sentido máis intelectual e profundo da expresión.
Se a barbarie urbanística, froito de motivacións mercantilistas e intereses políticos e doutras neglixencias que silenciou, puxo barreiras aos nosos ollos desexosos de entreternos co noso mar, tamén a ignorancia que posuímos da Ría supón un impedimento que obrigatoriamente temos que derrubar coa esmerada dedicación nos centro docentes de ensinar, por encima de todo, o que é noso.
O libro "A RIA DE VIGO" que teñen nas mans, ben merece que se catalogue de exemplar, por canto abandera a loita contra a ignorancia de que fan gala moitos vigueses sobre a Ría, o noso medio mariño, e por transferir graciable e de xeito gratuíto á sociedade esta investigación convertida en doutrina.
De novo o Instituto de Estudos Vigueses e o seu Director que lles escribe, sentese moi orgullosos dos autores que avalan este libro e do seu logro social.
.
Gerardo Sacau Rodríguez
Director do Instituto de Estudos Vigueses

1 comentario:

Voltaire-Vigo dixo...

EL NUEVO HOSPITAL DE VIGO Faro de Vigo, 8/5/09


Pues ya es curioso que los socia-listos, salgan ahora al tropel con el señor Caballero a la cabeza exigiendo agilidad en el proyecto y con frases de NO VOY CONSENTIR…

¿Qué es lo que no va consentir usted?

Tiene usted acaso fuerza moral para pedir y mucho menos amenazar por el incumplimiento de promesas. Es que acaso no es usted el campeón-político del incumplimiento de todas las promesas.

Tengo entre mis manos, un FOLLETO azul a todo lujo de color y calidad de papel, de dicho hospital, con el compromiso de que el mismo quedaría construido en la PROXIMA LEGISLATURA, editado por su partido y avalado por el candidato a la Xunta Emilio P. TOURIÑO, lo más curioso y escandaloso, es que no es de las ultimas elecciones, sino de la campaña de HACE CUATRO AÑOS…

Tenga usted señor Caballero, un poco, solo un poco de sensatez y vergüenza, no amenace, no mienta tanto y mírese a un espejo.

Los ciudadanos, no todos nos chupamos el dedo. No todos somos enchufados como barrenderos del puerto de Vigo, para callar y bajar la cabeza ante sus disparates.

Listas abiertas YA. Mientras tanto, VOTA EN BLANCO


Voltaire-Vigo (http://lacorrupciónquenosinvade.blogspot.com)