venres, 10 de xullo de 2009

COSTAS DEIXA MIL CHALÉS FORA DE ORDENACIÓN EN XÁBIA

Revolución nos cantiis de Xàbia. O Ministerio de Medio Ambiente anunciou a través da súa área de Costas un deslinde de dominio público marítimo-terrestre que afecta a 15 quilómetros do litoral sur da poboación para ordenar o caos urbanístico provocado por miles de vivendas e urbanizacións de luxo colgadas dos riscos do litoral e impedir máis edificacións en primeira liña. O deslinde deixa fóra de ordenación un milleiro de chalés entre a Cala Branca e A Granadella, no límite entre Xàbia e Benitatxell, e prevé o derrube de parte dun centenar de propiedades, polo que piscinas, xardíns, terrazas, valados e parte dalgunhas vivendas acabarán convertidas en cascallos.
Decenas de veciños afectados protestaron onte no Concello por esta decisión e preparan alegacións. Recibiron o apoio do alcalde, o nacionalista Eduardo Monfort, quen xa emitiu un recurso contra o deslinde porque "supón un atentado contra o dereito constitucional á propiedade privada" e afecta a construcións autorizadas polo Plan Xeral de 1990, informado favorablemente por Costas.
Este último organismo esgrime en cambio a necesidade de preservar unha paraxe de gran valor ecolóxico moi castigado pola presión urbanística, ata o punto de que se produciron xa varios desprendementos de rocas. O deslinde diferenciará tres zonas: na máis próxima ao mar, a de dominio público, efectuaranse as demolicións, excepto naqueles inmobles previos a 1988, que se respectarán pero cuxos donos perderán a condición de propietarios e só gozarán das súas casas en réxime de concesión de 30 anos.
A partir da liña de dominio público habilitaranse seis metros de servidume de tránsito onde tampouco poderá haber edificacións, aínda que por agora Costas non prevé alí usar a picaraña. E unha terceira liña de 20 metros de servidume de protección onde se poderán manter vivendas, pero non ser ampliadas, e calquera reforma precisará permiso de Costas.
Os construtores de Xàbia cren que o deslinde será a puntilla para un sector en plena crise. "A única demanda que nos quedaba era a de estranxeiros que pedían chalés en primeira liña e agora imos perder tamén ese mercado" sinalou o empresario Rafael Matí.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

LA POLICÍA NO ES TONTA dijo... En VIGOBLOG

Ultima hora.
Aseguran miembros del Servicio Secreto, que a las cuatro de la madrugada del pasado Viernes 26 de Junio en un "antro" cercano al antiguo Correo Gallego, un político con mando en plaza, se encontraba en condiciones poco decorosas.

LA PREGUNTA DEL MILLON:
Conduce luego él, o tenía al CHOFER esperando en la puerta a esas horas cobrando extras?

¡¡Dosio, fai algo que isto vaisenos das mans!!

¡¡SODES A HOSTIAAAA!! dixo...

sobre a plaza do antiguo CORREO GALLEGO no Faro dixital de os.

26 - Comentario enviado el día 10-07-2009 a las 15:10:35

Angel, ¿Fabrica de CHORIZOS? Pois igual levas razon, porque CHOURIZOS, o que se di chourizos, nesta cidades ahi da bondo, empezando por min que fun a imnagurar a plazoleta en compaña do mue xeje Abel. O que pasa e que no tedes nin puta idea do modernismo GALEGO-INTEGRISTA-TALIBAN

Autor: O SANTO LADRON DO BINGO

Anónimo dixo...

Anónimo dijo...
Podría alguien dar datos o certificar el runrún que anda por ahí, asegurando que familiares directos del Teniente de Alcalde, hicieron varios viajes a Londres en la compañía Clickair, por la cara?
13/7/09 22:51