mércores, 23 de setembro de 2009

UNHA SENTENZA ORDENA A DERRIBA DUNHA NAVE ILEGAL NA MARIÑA VIGUESA

Unha e outra vez, o porto deportivo da Lagoa choca coa xustiza. Esta vez foi un xulgado vigués o que ratificou as irregularidades dunhas instalacións promovidas polo presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, ao pé do monte da Guía (Vigo), e construídas co único permiso da Autoridade Portuaria, sen licenza municipal de ningún tipo. A sentenza desestima un recurso presentado polos responsables da mariña, polo que ratifica a orde de derriba ditada polo Concello vigués da nave principal do porto.
A nave cuxa ilegalidade confirma agora o xulgado contencioso-administrativo número 1 de Vigo ten unha superficie de case 1.000 metros cadrados. Segundo a sentenza, as obras foron executadas sen licenza e son incompatibles coa ordenación urbanística da zona. Non é a única nave construída sobre o porto deportivo, que conta con outra orde de derriba, neste caso firme, contra un segundo almacén de embarcacións.
O rosario de actuacións ilegais complétase cun restaurante de luxo precintado este verán polo Concello por orde xudicial. Cun permiso para unha caseta desmontable de 30 metros cadrados destinada a taberna, a empresa de Fernández de Sousa levantou un edificio cinco veces superior ao autorizado e que carece da posibilidade de ser desmontado.
Os promotores da mariña, con capacidade para 355 embarcacións, contaron con autorización da Autoridade Portuaria de Vigo, entón presidida por Julio Pedrosa, do PP, para a ocupación dunha lámina de auga. Pero as instalacións carecen de permisos para as obras en terra, que consistiron na execución das dúas naves e o restaurante declarados ilegais.
Para a construción do complexo e como vía de acceso aos actuais usuarios, a empresa empregou reiteradamente un cortalumes municipal sen permiso do Concello. O paso constante de vehículos atrasou varios anos un investimento de case tres millóns de euros do Ministerio de Medio Ambiente para un paseo marítimo, actualmente en obras, cuxo trazado coincide co do cortalumes. Segundo un escrito da fiscalía da Audiencia Provincial, o porto deportivo supera as dimensións do informe de impacto e careceu de vixilancia e control, a pesar de realizarse con materiais de refugallo e sobre un banco marisqueiro de gran valor.

2 comentarios:

DEMOCRACIA dixo...

LOS POLITICOS Y EL NEGOCIO CORRUPTO

Cuánto mayores son el intervencionismo y el gasto público, más grande es el negocio de la CORRUPCIÓN, porque hay muchos más recursos para redistribuir arbitrariamente, LO QUE SE DICE VULGARMENTE "ROBAR". También es necesario que el gobierno concentre la mayor cantidad de poder. Tiene que disponer de elementos para controlar a la prensa, presionar a los jueces y evitar que la oposición pueda llegar a reemplazarlo. El poder hegemónico hace al negocio de la CORRUPCIÓN debido a que el oferente monopólico tiene que sentirse impune.

Es fácil advertir, por lo tanto, que no es nada fácil la vida de los CORRUPTOS.

Para el oferente monopólico (Políticos) es muy duro porque tiene que mantenerse en el poder de cualquier manera para poder seguir explotando su negocio (ROBAR) y, en caso de perderlo, no ir preso (los jueces hacen la vista gorda ante la corrupción) si viene otro gobierno que lo denuncie.

Por su parte, para el demandante de CORRUPCIÓN el análisis pasa por determinar con mucha certeza si el monopolista de CORRUPCIÓN seguirá en el cargo. El “inversor” puede llegar a tener tanta o más incertidumbre sobre su negocio que la que tiene un empresario que trabaja bajo las reglas de la libre competencia.
Como se pueden conceder medallas a empresarios si realmente trabajan a cuenta de la CORRUPCIÓN:
Ejemplo: Manuel Fernández de Sousa,Presidente de PESCANOVA, que a la vez realiza obras ilegales, PUERTO DEPORTIVO A LAGOA, ACUICULTURA EN ZONAS PROTEGIDAS, COMPRA DE VOTOS Y CHORICEO POLITICO CON LA XUNTA DE GALICA, CORINA PORRO, FEIJOO, LOUZAN ETC. ETC.
No saben vivir de otra manera, solo saben robar.

Anónimo dixo...

Paréceme estupendo e totalmente necesario que derriben este mamotreto construído na Lagoa, que, é evidente, causa un gran impacto visual, paisaxísitco e urbanístico; deste xeito, servirá de precedente para futuras e tan posibeis aberracións urbanísticas e arquitectónicas... De tódolos xeitos, considero igualmente necesarios os derribos da Colina de Castrelos do Centro Comercial A Laxe, o Centro Comercial de Gran Vía (lugar que non chego a comprender como todavía segue en pé... intereses económicos quizais?), as dúas torres situadas ao lado da estación de trens, e un largo etcétera de edificacións que, hoxe en día, conforman o entramado urbanístico da cidade olívica!!
CULPABLES, OS POLÍTICOS