sábado, 17 de outubro de 2009

TI VAI FACENDO

A máxima que titula estas liñas dirixiu a política urbanística en Galicia durante décadas. Coa mesma particular relaxación levantáronse cortellos e construído urbanizacións. Na Galicia rural e na urbana. Na costa e no interior. Os encargados de velar polo respecto da norma miraron para outro lado coa torticera convicción de que detrás de cada consentimento había un estómago agradecido moi predisposto á hora de votar. Pero algúns tribunais decidiron cobrarse unha factura que terá moitos euros de recarga. Os concellos que consentiron, como o de Vigo, empezan a temer as consecuencias do ti vai facendo: impopulares demolicións e multimillonarias indemnizacións. Todo moi edificante.
Fernándo Tabarés

Ningún comentario: