luns, 30 de novembro de 2009

POLÍTICOS

-O enriquecemento persoal parece estar no ideario particular de moitos personaxes que buscan na política e sectores próximos o seu beneficio propio. Xunto a unha preparación ou educación especifica, ser rico podería ser un requisito obrigatorio para ocupar cargos relevantes. Polo menos, non desviarían a súa atención pensando "manobras" para incrementar os ceros das súas contas bancarias pola vía rápida.
-Están de costas aos problemas e necesidades das persoas, principalmente coa pobreza. Espremen os nosos petos con multitude de impostos, abusivas subidas de tarifas en servizos "teoricamente" públicos e multas polo simple feito de existir.
-Como garantes do noso poder adquisitivo, a súa actuación limítase a unha simple vixilancia dos prezos, permitindo ás grandes empresas e compañías aplicar subidas por encima do IPC en subministracións básicas e de primeira necesidade; de paso benefícianse intermediarios e especuladores sen escrúpulos.
-Nos últimos anos, empresas Españolas escalaron posicións no "TOP" mundial alcanzando cotas de incuestionable éxito de ingresos. Os grandes dividendos destes anos colocaron ao noso país nunha posición económica envexable, pero este privilexio non foi trasladado ás persoas. Cando aparece a sombra da recesión e empezan a minguar os enormes beneficios das arcas privadas, os enriquecidos en épocas de bonanza fan a débeda pública. Volven os discursos de "colectivizar" a desaceleración, as ameazas de desemprego e a conxelación interminable de salarios con intención de perpetuidade.
-A sensación de ser embaucados polos seus discursos alimenta un descontento cada vez maior.
-Os cidadáns estamos defraudados desta "exclusiva" raza de buscadores de fortuna, afastados da realidade, illados no seu impermeable paraíso particular de complementos e privilexios. Un destes privilexios é un insulto ás persoas que cotizaron máis de 35 anos e deben seguir traballando para ter unha xubilación de subsistencia. A Constitución Española ampara os dereitos dos cidadáns. Non acertamos a atopar na Carta Magna o artigo que distingue entre a clase política e o resto de cidadáns. Desde a súa posición benefícianse de moitos privilexios. Con oito anos de traballo, teñen suficiente para asegurarse unha xubilación millonaria. Percibir unha envexable liquidación, pluses, extras e demais ingresos,... e, ¡¡Seguen traballando!!. Pensen un pouco... ¡oito anos!, e xubilación; ¡Máxima!. Ningún outro traballador pode facer iso. Constitución Española: ¿Todos somos iguais?
-Ademais non se preocupan en mellorar a súa imaxe cos sucesivos casos de corrupción.
Haberán de esforzarse e demostrar que están ocupando o seu cargo para e polo que foron elixidos.
A concesión e confianza dos votantes non é a "fondo perdido" nin infinita.
E.L.P

3 comentarios:

Anónimo dixo...

La solución a la crisis del PP, ya la estamos viendo en las comunidades que gobiernan y en los ayuntamientos con alcaldes del PP, por un lado critican la subida de los impuestos del Gobierno, mientras que ellos incrementan en un 30 por ciento los impuestos de la recogida de basura, el suministro del agua, la contribución etc. ¿Con que qué no harán si llegasen a gobernar España? Seguro que nos subirían todo menos los CHUCHES del niño de RAJOY.

DEMOCRACIA dixo...

LOS POLÍTICOS, LA LACRA DE ESPAÑA

Es muy claro, porque lo han demostrado hasta la saciedad con sus hechos, que los ciudadanos solo somos precisamente eso … unos seres insignificantes que cada cuatro años les servimos como excusa para mantener la farsa de una democracia que no existe ya que ha sido secuestrada por la partidocracia que los mantiene eternamente en el poder viviendo a costillas de todos nosotros.

Anónimo dixo...

La recusación sin matices de la política y de los políticos no es un exponente de salud democrática, sino todo lo contrario: un peligrosísimo ejercicio de irresponsabilidad, por otra parte fácilmente manipulable, como muestra la Historia tanto de España como de otros países. Ni todos los políticos son unos sinvergüenzas, ni todos los políticos son iguales. Lo que importa es que los ciudadanos discriminen los honestos de los corruptos, premien a los primeros, aunque sean de otro partido, y castiguen a los segundos, incluso cuando agiten las mismas banderas. Se debe ser más riguroso e intransigente, incluso, con los corruptos propios, porque la corrupción que alcanza al propio partido salpica a todos sus militantes y a sus votantes, que con los ajenos. A los corruptos ni agua, sean de donde sean. Esto tendría que ser un axioma de la conducta política.