xoves, 28 de xaneiro de 2010

AFECTADOS POLA DEPURADORA EN BRUXELAS

Afectados pola depuradora pedirán hoxe en Bruxelas a retirada de fondos para o proxecto

Un portavoz veciñal reclamará un novo anteproxecto ante o Comité de Peticións do Parlamento europeo

A Plataforma de Afectados pola Depuradora do Lagares, a través do seu portavoz José Antonio Fernández, solicitará mañá ante o Comité de Peticións do Parlamento europeo a suspensión dos fondos comunitarios destinados ao anteproxecto de ampliación das instalacións.
Na súa intervención, apoiada polo eurodiputado de Esquerda Unida, Willy Muller, reclamará a elaboración dun novo estudo técnico e ambiental, rigoroso, independente e integral.
O obxectivo é conseguir unha depuración eficaz, de forma que elimine totalmente as verteduras na ría, erradique calquera tipo de molestia á poboación, respecte os intereses do marisqueo e a pesca e, en xeral, non provoque danos no medio ambiente.
Pasividade
A través do discurso denunciará a pasividade da Xustiza e a deficiente interpretación que se fixo da normativa europea, o que, ao seu xuízo, contribuíu ao desastre ambiental e á violación dos dereitos individuais dos veciños. «Como informou o propio Ministerio de Medio Ambiente, en 1989 foi denegada a solicitude de concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre e non consta que teña título habilitante algún», explica. Para os afectados é inconcibible que se intente construír unha nova planta no lugar da actual sen identificar antes as causas do mal funcionamento da existente. Cren que o enfoque dunha macroinstalación é erróneo e a cambio propón un saneamento descentralizado no que participen todos os municipios que verten á ría.
A carencia de separación entre pluviais e fecais, a recollida de augas industriais e a localización do emisario submarino completan a denuncia.
Altura
Desde o punto de vista ambiental, entenden que a depuradora, con instalacións de 18 metros de altura, situaríase de novo na desembocadura do Lagares, nun humidal con alto valor ecolóxico, histórico e patrimonial, cualificado como hábitat prioritario, segundo a Directiva Hábitats.
Por iso, adierte que suporía un grave e irreversible impacto sobre a flora e fauna. Tampouco esquecen os prexuízos sociais ao estar situada preto de varias vivendas unifamilares e centros de ensino, talles como dous colexios e un instituto. Iso, sen contar a escasa distancia da praia de Samil, a máis populosa de Vigo.


El PE estudiará que unha misión visite a cidade de...

1 comentario:

VOLTAIRE-VIGO dixo...

Quien será el o la lumbreras que aconseja al Alcalde en semejante barbaridad?
¿Será quizás su Carmelita-Calzada? Alo mejor es su jefa de prensa de la alcaldía, que a su vez es mujer del jefe del gabinete de la alcaldía, que a su vez es íntimo amigo, enchufado y recomendado de la Carmelita-Calzada, ósea que en el circulo siempre se cierra en la misma persona. Hay amores que matan… Así nos vai, e alguns facendolle caso a este pobre iluminado que exerce de alcalde a pesares de perder as eleccios municipais.

Viva el sistema DEDO-CRATICO