sábado, 9 de xaneiro de 2010

O "DECRETO TRILINGÜE" DE FEIJOO NON CONVENCE NIN A OS SEUS

Militantes do PP decláranse "utilizados e enganados" polo presidente galego

O borrador do novo decreto do ensino do galego presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo este martes non gustou a un sector do seu propio partido. O popular prometeu en campaña que os pais poderían elixir o idioma das materias troncales, e terían liberdade para utilizar nas aulas tanto oralmente como por escrito tanto castelán como galego. A plataforma Democracia e Liberdade no PP, integrada por militantes, simpatizantes e votantes dese partido, denuncia que ante o decreto "trilingüe" de Feijóo "sentímonos utilizados e enganados por vostede". calquera das dúas linguas no aula. "Dámoslle as grazas, porque con este xesto, fixo que lle coñezamos moi pronto, aseguran, para concluír recomendándolle que "non se deixe influenciar por algúns asesores de Xénova" ou será "o exemplo de político que non queremos ter no noso partido".
A plataforma Democracia e Liberdade no PP emitiu un duro comunicado apuntando que o "decreto trilingüe" de Feijóo incumpre as súas promesas electorais, e converte a liberdade lingüística en "un terzo de castelán, un terzo de galego e un terzo de inglés".
"perdeu un terzo da súa credibilidade"
Con esta solución, a plataforma cre que Feijóo, "un valor en alza no PP", perdeu "un terzo da súa palabra" e "un terzo da súa credibilidade" "Os militantes, simpatizantes, votantes do PP, e moitos colectivos máis, sentímonos defraudados, utilizados e enganados por vostede", expón a portavoz desta corrente interna do PP, Sara González.
"fixo que lle coñezamos moi pronto"
"Dámoslle as grazas, porque con este xesto, fixo que lle coñezamos moi pronto", asegura González, quen conclúe recomendando ao presidente da Xunta que "non se deixe influenciar por algúns asesores de Xénova" ou "non teremos máis remedio que dicirlle, que é vostede o exemplo de político que non queremos ter no noso partido".

Carta aberta ao presidente da Xunta, Núñez Feijóo...

1 comentario:

claudioataturk dixo...

El problema del actual Presidente Feijoo no es el decreto linguistico sino el mentír al electorado y el aprovecharse de una reivindicación basada en la imposición del BNG sobre el gallego. Los socialistas gobernaron con dejación de poder al bloque, como hasta reconoce ahora Touriño,abusando estos de su necesidad en el gobierno.
En política la mentira no puede valer como patente de corso ni se puede aceptar el dicho de Tierno Galván de que las promesas electorales son para no cumplirse. Se comprende la decepción de tanto votante del PP y de algunos, como yo, que somos defensores del gallego pero no de su imposición, precisamente porque con eso lo que se hace es poner a los ciudadanos en su contra.
Ahora Feijoo esta desacreditado, cosa que algunos ya sabíamos, y ha logrado quitarse muy pronto la piel de cordero de sus engaños.
Saludos.
Ataturk.