xoves, 18 de febreiro de 2010

OS PARTIDOS POLÍTICOS RECIBIRON DO ESTADO 85.5 MILLÓNS EN 2009

Os conservadores ingresaron 35,8 millóns e o PSOE e o PSC, xuntos, outros 39,8

Un total de 85.558.619,3 euros ingresou o Estado en 2009 aos partidos políticos con representación nas Cortes Xerais. A cifra global contempla dúas partidas diferenciadas: a de gastos para o funcionamento ordinario (que consumiu 81.380.199,4 euros) e a de gastos en seguridade, que ascendeu a 4.178.419,88.
A maior porción da torta lévanlla as dúas formacións con maior representación parlamentaria, o PP e o PSOE. Os conservadores embolsáronse 35,81 millóns (34,06 en gastos ordinarios e 1,75 en seguridade). Os socialistas quedaron por baixo, con 33,9 millóns de euros, dos cales 32,24 millóns destináronse ao funcionamento habitual do partido e outros 1,65 destináronse á protección.
Estas cifras, aparecen no Boletín Oficial do Estado, que o pasado 30 de xaneiro publicou os datos das subvencións abonadas aos partidos no último trimestre de 2009. Cada tres meses, o BOE publica unha relación similar, aínda que as cantidades páganse en doce mensualidades. As subvencións repártense entre as distintas formacións de acordo cos resultados obtidos nas últimas eleccións xerais (neste caso, as de marzo de 2008), segundo consigna a Lei Orgánica de Financiamento dos Partidos.
CIU, máis diñeiro que Esquerda Unida
A razón pola que o PSOE sitúase nas táboas por baixo do PP é porque o PSC ten unha contabilidade aparte. Os socialistas cataláns recibiron do Estado en 2009 un total de 5,94 millóns. PSOE e PSC suman 39,84 millóns.
Por detrás quedan os outros partidos. CIU percibiu, entre gastos ordinarios e de seguridade, 2,61 millóns. Esquerda Unida, 1,83 millóns, e os seus socios de Iniciativa per Catalunya Verds (ICV), outros 504.842 euros.
O PNV cobrou do Ministerio do Interior 1,19 millóns. ERC, outros 991.683 euros. O BNG, 653.766; Coalición Canaria (CC), 566.216; Unión do Pobo Navarro (UPN), 788.269; Nafarroa Bai (NaBai), 225.572, e finalmente Unión, Progreso e Democracia (UPyD), o partido de Rosa Díez, 788.269 euros.
Para 2010, os Orzamentos Xerais do Estado reservaron 87.365.720 euros aos partidos, dos cales destinaranse 4,17 á seguridade e 83,19 a gastos ordinarios, como consta na Sección 16 e o Programa 924 M.

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

Esto es una verguenza. No a la financiacion publica de partidos, sindicatos, iglesia, casa real, ONGs conocidas y desconocidas, etc. etc., Hablando de los partidos, si unos ciudadanos se ponen de acuerdo en defender una sarie de ideas o intereses que se financien ellos, para los ciudadanos el unico interes es conocer sus propuestas y para eso no se debe utilizar la publicidad, sino la informacion a traves de los medios de comunicacion, especialmente los publicos que podrian organizar debates donde cada partido explique sus opciones. La unica partida que me parece razonable es la de seguridad. Por supuesto la financiacion privada, que no sean cuotas de afiliados, debe ser fiscalizada hasta el centimo, o mejor aun prohibida, como he dicho para trasmitir ideas podrian disponer de los medios publicos de comunicacion.
Con razón se matan por llegar al poder¡ Todo son ventajas.....para ellos claro. Pensión maxima de 2500euros con 7 años cotizados, pueden cobrar varias pensiones del Estado (no como el resto), no tributan una parte del IRPF, ya veis lo que trabajan la mayoria,a veces ni van al congreso o al senado...esta casi vacio y para colmo sus señorias trabajan de "lunes a jueves". No tienen que rendir cuentas a nadie de lo desastroso de su gestión, subvencionan a quien mas les interesa, les condonan deudas bancarias..., 3500 altos cargos que cuestan al estado 240 millones de euros, de la corrupción mejor ni hablamos¡ Esto es un cancer y la unica solucion es atacarlo desde la raiz. A ver para cuando un Mandela como Jefe de Estado¡¡