domingo, 21 de marzo de 2010

UNHA PROMOCIÓN EN BARREIROS OCUPOU 13.435 METROS CANDO O LEGAL ERAN 4.000

O fiscal detecta construcións sen luz, auga, saneamento nin accesos rodados

O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, destituíu ao director da axencia, Hipólito Pérez, tras cambiar os seus estatutos pensados para que o organismo funcionase como unha axencia independente, sen deixarse contaminar polo poder político. Pero o prolijo informe da Axencia non caerá en saco roto. As súas conclusións deron munición á fiscalía para denunciar por prevaricación urbanística ao alcalde popular de Barreiros, Afonso Fuente Parga, a tres concelleiros seus que integran a Xunta de Goberno e ata á arquitecta municipal, Marta Geada, que avalou co seu informe algunha das polémicas promocións.
A denuncia que a fiscalía presentou no Xulgado de Mondoñedo relata o rosario de irregularidades que agora a Xunta pretende legalizar. Logo de acusar ao alcalde de outorgar 44 licenzas para edificar 3.174 vivendas en solo urbano non consolidado, o ministerio público desmenuza unha por unha as anomalías. Todas, relacionadas con excesos de edificabilidade que en ocasións chegan a multiplicar por tres ou por catro a permitida legalmente, invasión de solo rústico para realizar piscinas, ausencia de accesos públicos rodados, carencia de prazas de garaxe e ata deficiencias relacionadas coa prevención de incendios.
As que seguen son algunhas das anomalías máis flagrantes que apontoan a denuncia pola vía penal do ministerio público:
O 2 de agosto de 2006, a Xunta Local de Goberno aprobou seis desenvolvementos urbanísticos, case todos co informe contrario da secretaria municipal. O que amparaba á promotora Xardín Lugo, SL para levantar 160 vivendas, duplicou a edificabilidade legal, ao ocupar 8.983 metros cadrados, onde o planeamento amparaba só 3.982. Segundo a denuncia do fiscal, este complexo invadiu unha franxa de oito metros de solo rústico ao longo das cinco construcións.
Ese mesmo día, o alcalde e os seus tres concelleiros deron luz verde a outra urbanización na zona de camiño Real-Santiago de Reinante, para que Promoelja, SL edificase 19 pisos. O informe xurídico da secretaria municipal reclamou sen éxito a suspensión deste expediente. O escrito da fiscalía detalla que a edificabilidade máxima pasou de 484 metros cadrados a 1.050 e denuncia "a inadecuación ambiental respecto das vivendas unifamiliares do seu contorno".
O goberno de Fuente Parga tamén autorizou o 25 de xuño de 2008 á sociedade Panamérica, SL para que alzase 88 vivendas, "prescindindo do preceptivo informe xurídico da secretaría municipal". A promoción invadía cinco metros de solo rústico de protección agroforestal e ademais os seus planos estendían o límite de edificabilidade, desde os 2.398 metros cadrados que amparaba o planeamento, ata 6.615 metros cadrados.
As deficiencias repítense no resto dos 44 expedientes: utilización xeneralizada da planta baixo-cuberta como áticos, ausencia de infraestruturas básicas, cualificacións inadecuadas do solo, terrazas que sobresaen máis do permitido. A denuncia do ministerio público chama a atención sobre tres licenzas que o Goberno de Barreiros outorgou en setembro de 2006 á construtora Teodoro Moreda, SLU para "uso residencial de 122, 102 e 140 vivendas". O proxecto do complexo, que como o resto tampouco contou cos informes xurídicos pertinentes, prevía ocupar 23.888 metros cadrados, nunha zona onde a edificabilidade máxima amparaba só 11.944.
Na zona de San Pedro de Benquerencia, a Xunta de Goberno que presidía Fuente Parga, deu luz verde á entidade Pedrouzo Costa, en contra do ditame xurídico, para levantar seis bloques con 252 pisos e triplicar a edificabilidade legal. Pasou de 4.006 metros cadrados a 13.435.
Outro dos solos, que promove a sociedade Parque Empresarial Melide, "asentábase sobre unha parcela que non podía adquirir a condición de solar coa realización de obras accesorias". Dita promotora obtivo a licenza, en contra do criterio da secretaria municipal, a pesar de que "non previu a subministración de enerxía eléctrica, abastecemento de auga e rede de saneamento". Catro dos bloques que albergaban as 54 vivendas encostadas carecían de acceso rodado público. E os sotos espallábanse polo 100% da parcela en solo urbano sen respectar o límite do 70%.
A demanda que o fiscal presentou no xulgado tamén carga contra o permiso que o Goberno municipal deu a tres construtoras para instalar tres piscinas, unha pista polideportiva e un área de xogos infantís sobre solo rústico.
Na súa exposición de motivos, o ministerio público defende que Barreiros autorizou urbanizacións "en termos irreconciliables co que podía ser unha malla urbana". Subliña que a rede de saneamento prevista non cubría os 44 desenvolvementos urbanísticos aprobados en 2006.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

El problema siempre son las leyes. Cuando se analizan a fondo siempre hay varios resquicios por los que el cargo público se pueda escapar de los procesos legales. Los alcaldes, (y es solo un ejemplo de los muchos que hay), suelen salvar su cabeza desviando su responsabilidad hacia los técnicos (que ellos mismos controlan). ¿Por qué? Porque la ley otorga al alcalde y cargos políticos el derecho a desconocer la ley, mientras que para los demás su desconocimiento no es causa de impunidad. Así, montones de cargos públicos se libran de la cárcel alegando que ellos no sabían que lo que hacían era ilegal y que tenían informes técnicos favorables. Es solo un ejemplo, pero pone de manifiesto que, a fin de cuentas, las leyes están hechas por políticos y para políticos.

DEMOCRACIA dixo...

Si pensamos seriamente lo que realmente son estos partidos políticos mayoritarios nos percatamos de que son empresas, y como tales lo que hacen es mantener una estructura que les permita poner sus productos en el mercado. ¿Pero cuáles son los productos que estos ofrecen? Pues en primer lugar su capacidad para mantener la paz social y la estabilidad del sistema se la venden tanto a los oligarcas como a los ciudadanos, eso sí, prometiéndoles cosas bien diferentes a cada uno de estos sectores. Una vez colocado el principal producto su dedicación principal es la de ofrecer a quien pueda pagarlo toda clase de productos secundarios que a la postre son los que importan personalmente a cada uno de ellos. Estos productos van desde recalificaciones de terrenos a permisos de obra, pasando por paquetes de ayudas en dinero público, contratas, concesiones, etc. etc. Como saben que debido al sistema de reelección cuatrienal, más temprano que tarde el chollo se les terminara, dedican todo su potencial a obtener el máximo beneficio personal en el mínimo tiempo posible, y si por el camino sus adversarios políticos se percatan de sus tejemanejes saben que no tiraran de la manta, pues ellos también tienen qué ocultar. En realidad, si existen dos grandes partidos es por exigencia del de mercado, ya que la alternancia es un requisito ineludible si quieren que funcione el engaño. Con los medios de creación de opinión ellos muestran una realidad virtual a la ciudadanía, y mientras, ellos se encargan de gestionar la realidad objetiva de acuerdo a los intereses de sus clientes los capitalistas y a los suyos propios. Hoy PSOE, mañana PP, y cuando hace falta los dos a la vez