domingo, 25 de xullo de 2010

OS SINDICATOS ESPAÑOIS

Os sindicatos españois forman parte da rede de intereses que o sistema de clientlismo politico acolleu no seu seo e que polo tanto é outra das institucións que se pegaron como unha lapa aos orzamentos que todos os españois estamos obrigados a contribuír co noso diñeiro, en lugar de facer un cáculo real do que representan e en base a eses resultados saber cal é realmente a súa representación na sociedade, ao goberno bastoulle saber que son os mais representativos en base a unha minima participación dos traballadores nas eleccións sindicais, eleccións que pola súa pouco valor democratico carecen de credibilidade e xa que logo a súa manipulación e consecuente financiamento é outra das verguenzas con que temos que cargar os cidadáns.
A cambio os favores reciprocos do "eu subvenciónoche e ti non me fas folgas" estan á orde do dia, convertéronse en meros transmisores dos intereses do goberno de turno, dependendo dos seus ingresos via subvencións, desta forma podemos calcular unha nova masa de vividores chamados liberados con cargo aos orzamentos, outra mais que sae dos nosos petos e que contribúen sen dúbida ao saqueo que experimentan as arcas do Estado por todo tipo de representacións virtuais que esta democracia non se atreve a terminar dunha vex por todas e que son un obstaculo para a saída da crise.
Ver a un sindicalista recien saído da cadea de montaxe ou da obra do ladrillo dando leccións de macroeconomia prodúceme ruborizo, señores que apenas coñecen a realidade intentando cun curso de dúas semanas aconsellar ao goberno de como se debe dirixir a economia é canto menos insultante para calquera intelecto humano, pero é o que temos e asi vainos.
Todo o que se salga deste pagar para recibir, conduce á manipulación interesada. Ou os sindicatos son rendibles porque os seus asociados mantéñenos ou, como calquera outra empresa teñen que desaparecer. Se son asalaridos do Goberno non son sindicalista. Son FUNCIONARIOS.
Espero que o pragmatismo faga pronto o seu acto de presenza nas próximas eleccións e que acabe dunha vez por todas con tanto analfabeto consentido.
DOREMA

Ningún comentario: