domingo, 26 de decembro de 2010

ENXEÑERÍA FINANCEIRA

Unha vez lidas con gran detemento as recomendacións da OCDE -sintomáticamente coincidentes coa dos abstrusos e inefables mercados ou co ex presidente da CEOE Díaz Ferrán-, tiven unha fulminante revelación: as receitas económicas consisten en apertar aínda máis as porcas aos que, aínda tendo menos, carecen de poder mediático, económico, ideolóxico ou militar, á vez que se mostra un decoroso e respectuoso silencio sobre as primas dos banqueiros, as xubilacións dos directivos ou as moitas prebendas dos políticos.
Tanto estudo, tanta mecánica cuántica, tanta contabilidade arabesca para acabar nunha conclusión tan mostrenca: aumentar a idade da xubilación sine die, rebaixar as pensións de traballadores e as de viuvez, facilitar as condicións de despedimento e dificultar o labor sindical. Así as cousas, non me estraña que nin o mismísimo Rei atrévase a abandonar o cargo.
J.F.S.

Ningún comentario: