venres, 4 de febreiro de 2011

AS CAIXAS TEÑEN DIFICIL COBRAR O 33% DO CREDITO AO LADRILLO

O risco destas entidades con promotores e construtores é superior ao que mostrou o Banco de España en outubro pasado

España necesita un empuxón de confianza nos mercados internacionais. O Goberno e o Banco de España están convencidos de que o lograrán unha vez que desapareza todo indicio de dúbida sobre o sistema financeiro español, especialmente sobre as caixas de aforros. Para iso obrigáronlles a publicar con todo detalle cal é o seu risco con promotores e construtores, e a canto poden ascender as súas perdas no sector do ladrillo.
o 31de xaneiro pasado,foi o límite que teñen para comunicar estes datos, aínda que unha parte importante delas xa se retratou e demostrou que o sector ten un problema moi serio co ladrillo, aínda que non de magnitudes tan esaxeradas como temen no estranxeiro. En todo caso, agora é máis grave que o anticipado en outubro pasado polo Banco de España cos datos do peche de xuño. E a cuestión non é baladí porque con estas cifras o supervisor calculará definitivamente as necesidades de capital das entidades financeiras españolas, que provisionalmente situou en 20.000 millóns de euros.
Segundo os datos das dez caixas que xa cumpriron a súa obrigación de transparencia, o 32,8% dos créditos concedidos a promotores e construtores está en risco, ben porque xa teñen cotas sen pagar (cualificados como dubidosos) ou ben porque é previsible que deixen de estar ao día en breve (denominados subestándar). Iso supón que dos 111.305 millóns que tiñan concedidos a esas empresas ao peche do pasado exercicio, corren risco de non recuperar 36.466 millóns, aínda que poderán facelo posteriormente cando embarguen os activos inmobiliarios que teñen como garantías eses créditos.
Cando o Banco de España cifrou en 181.000 millóns de euros os activos problemáticos das entidades financeiras españolas no ladrillo o pasado outubro, a taxa de morosidade situábase no 24% (o 10,9% de dubidosos e o 13,1% en subestándar). Esa cifra sitúase agora no 32,8%, o que mostra que se deterioraron substancialmente os activos entre xuño e decembro. Parte deste empeoramento débese a que as entidades optaron por sanear os seus balances e decidiron (co empuxe do supervisor) incluír como créditos subestándar moitas contías que poderían non chegar a ser morosas nunca.

As caixas teñen 93.000 millóns en activos problemáticos no ladrillo...

Ningún comentario: