mércores, 9 de febreiro de 2011

A MEMORIA FRÁXIL DOS ESPAÑOIS

¿Esquecémonos xa da lei dos Gobernos de Aznar que liberaron o prezo do solo, e que disparou tamén o prezo das vivendas ata o 100% do que debían de valer con arranxo aos seus custos? Esquecémonos de que aquela lei liberadora dos prezos púxolle en bandexa aos especuladores inmobiliarios a posibilidade de enriquecerse á conta da crise que estamos pagando agora e cun 50% máis de parados que o resto doutros países da nosa contorna.
Non só estámola pagando cun desemprego moito máis grande que o doutros países da nosa contorna; tamén coa cantidade de españois que se hipotecaron ata as cellas pensando que o traballo na construción non se esgotaría nunca mentres houbese un metro de solo que urbanizar, como dicía Aznar.
E non só foron os traballadores da construción os que se equivocaron, senón que ata os estudantes abandonaban os seus estudos co convencemento de que a construción non se esgotaría: ¿para que estudar máis tendo tan fácil empregarse na construción inmobiliaria?
J.G.M.

Ningún comentario: