mércores, 22 de xuño de 2011

A LENTA AGONÍA DO BNG

A organización política máis relevante do nacionalismo galego leva unha década de descensos electorais continuos. Houbo tempo dabondo para que ao saltaren tantas alarmas o BNG, por mor da súa supervivencia, tomase medidas drásticas, e non cosméticas, que corrixisen o preocupante devalo. Non querer ver a realidade e aprazar as medidas só contribúe a que a lenta agonía non se deteña.
A que era antes do 2001 unha organización nacionalista de esquerda e implicada cos colectivos sociais, deixou pouco a pouco de selo, ao enxergar o seu potencial de poder nas institucións. Por iso, centrou o seu traballo político no ámbito electoral e institucional, descoidando o contacto coas bases e cos cidadáns. Este proceso xenerou a entrada de personaxes oportunistas e de ideoloxías contraditorias entre si, que viñan a facer carreira política a costa do que fose, aínda que se prexudicase á propia frente. As demenciais ambicións persoas dalgúns e as loitas internas permanentes estaban servidas. Foron anos yuppies, nos que era moi habitual, como unha maneira de triunfar na vida e de ascender na escola social, incorporarse á acomodada e daquela aínda non tan desprestixiada clase política.
O BNG dispuxo dun importante poder intitucional nos concellos urbanos, e durante catro anos, na Xunta, en alianza cun pouco leal PSOE. Porén, non lle preocupaba nin ser subalterno nin ser engulido. Inxenuamente o adversario era só o PP. O curtopracismo polos postos descartaba a utopía de ser algún día na Galiza a forza hexemónica. Mais tamén contou con dúas alcaldías urbanas, desaproveitando a oportunidade de facer por primeira vez unha política ambiciosa e transformadora. A cidade de Pontevedra constituiu sempre unha honrosa excepción.
Reducirse ao intitucional, abandonado o contacto coa cidadanía e cos mesmos afiliados, aínda que se realice unha boa xestión do existente, e cando a priori se vai ter en contra ao decisivo poder mediático, non garante hoxe en día éxitos electorais. E aínda por riba, algunhas desas personaxes, facendo uso de maneira irresponsábel dos medios para dar a coñecer desavinzas e apoiar as súas loitas polo control interno e a propia colocación, proxectando unha pésima imaxe pública.
Sería moi funcional a existencia dun partido nacionalista fóra do BNG no que estivesen os sectores centristas que aínda fican dentro, xunto con outros externos. E que o BNG recuperase o seu carácter nacionalista de esquerda, confluíndo nel persoas e organizacións galegas non sistémicas de esquerda, soberanistas e ecoloxistas, nun proceso cordial de acordo e de suma, baixo un programa transformador común. Niso tería que consistir a expresión de “abrirse á sociedade”. E visións políticas actualizadas, soberanistas, antisistémicas, asemblearias, autoxestionarias, marxistas e decrecentistas, moi diferentes ás do fracasado e autoritario modelo burocrático soviético ou ás dunha esquerda litúrxica e oportunista. Tamén se necesitaría un novo tipo de cargo institucional, máis activista, implicado coa cidadanía e proclive á súa participación, cunha duración limitada de mandatos.
Se vivimos no século XXI, o nacionalismo galego de esquerda non pode ser do XIX nin do XX, senón do vixente

2 comentarios:

UN GALEGO dixo...

Sería moi funcional a existencia dun partido nacionalista fóra do BNG no que estivesen os sectores centristas que aínda fican dentro, xunto con outros externos. E que o BNG recuperase o seu carácter nacionalista de esquerda, confluíndo nel persoas e organizacións galegas non sistémicas de esquerda, soberanistas e ecoloxistas, nun proceso cordial de acordo e de suma, baixo un programa transformador común. Niso tería que consistir o de abrirse á sociedade. E visións políticas actualizadas, soberanistas, antisistémicas, asemblearias, autoxestionarias, marxistas e decrecentistas, moi diferentes ás do fracasado e autoritario modelo burocrático soviético ou ás dunha esquerda litúrxica e oportunisa. Tamén se necesitaria un novo modelo de cargo institucional, máis activista, implicado coa cidadanía e proclive á súa participación, cunha duración limitada de mandatos.

Ataturk dixo...

El cuarto partido político en Galicia se llama TERRA GALEGA, que acaba de obtener un alcalde y veintitres concejales en las recientes elecciones municipales, y todo ello pese a la división provocada por el ex-alcalde de Narón Sr. Gato, que, por cierto solo sacó cinco concejales.
Este partido, heredero en cierta medida de lo que significó Coalición Galega que llegó a tener 11 parlamentarios cuando el BNG tenía solo uno ( claro que era X.Manuel beiras)
El espacio de centro, galeguista y progresista creo tiene un cierto peso a pesar del tsunami del PP. que,aunque arrasó con todos sus medios, no ha podido eliminar la totalidad del tejido político de Galicia.
Muchos estamos indignados, pero creemos en la democracia y esta pasa por los partidos democráticos.
Saludos.
Ataturk