mércores, 14 de decembro de 2011

RESISTIREMOS


E é que non hai mal que dure cen anos (nin Franco, nin Fraga, etc., etc.) e nunca choveu que non escampara... Hai que apertar os dentes; estar -como dicía Trillo: por certo ¿aínda existe Trillo?- in vixiando. Capear o temporal. Aínda que poida ser certo que cada pobo ten o que se merece, o castigo é excesivo...
Resistiremos, pois, ás provocacións do señor Feijóo que, cando estaba en funcións no goberno de Fraga, foi un dos cómplices necesarios para repartir televisións, diñeiro para obras (millóns para o Gaiás) e contar con amigos sospeitosos de facer cousas feas (Fraga dixit) como o señor Crespo (por certo aínda está no cárcere o que foi importante cargo do PP galego na época de Fraga, Feijóo, Negreira, Rajoy...?).
Resistiremos as "paridas" que nos queren vender os medios "marianistas" contándonos que EEUU apoia as receitas de Rajoy, sen ter en conta que alí non lle votaron. Aquí xa hai moita xente que se porá as botas se pon en marcha o salario de catrocentos euros para os mozos e a sanidade e a educación en mans de empresas privadas...
Houbo un tempo en que a interferencia do Gran Irmán Ianqui fose contestada desde a política e a opinión pública... e hai pouco, pouquísimo tempo, Mariano e o seu alegre corte de voceiros dedicábase a insultar ao goberno anterior -tarefa na que lle acompañaba aquel baixiño de bigote e "táboa de chocolate" que foi Presidente- por estar tutelado, con mando a distancia... e agora, na reunión dos populares europeos (ceos, que xa están aquí todos e en tropa), foi recibir ordenes, instrucións, tarefa, mentres os seus concidadáns -os que lle votaron e os que non- esperan cruzando os dedos os milagrosos plans para sacarnos desta...
E están mandando Merkozy ante o estupor dos cidadáns e a desidia, ignorancia ou covardía, do resto dos mandatarios europeos...
Resistiremos, ata esta Europa dos mercadores onde os poderes fácticos nomean gobernos e onde, ai, o poder financeiro copa os postos claves como o demostra o feito de que catorce países colocaron a banqueiros ou xestores de fondos á fronte da economía ou nos bancos centrais. O que o diario "Público" chamou "golpe de estado financeiro..."
É igual. Resistiremos... a o din moitos cantando... Xa o fixeron moitos antes. José M. Villot


Cuando pierda todas las ayudas. Cuando no me quede solución. Cuando te jubiles de becario o parado de la construcción. Cuando te despidan con un beso En lugar de la indemnización Cuando al matrimonio entre los gays Llamen “matrimonio maricón” Resistiré, aunque me quiten todo Aguantaré, los años de gobierno del PePé Que el telediario de la uno sea el NO-DO y que el que mande en mi destino sea de la CEOE Resisitiré, para seguir viviendo Soportaré, los años de gobierno del PePé Aunque el recorte se transforme en un deporte Resistiré resisitiré…. Cuando no haya ley de Dependencia Y paguemos por la Educación Cuando el hospital sea de copago Y te cobren por la transfusión Cuando el gran Hermano sea Mariano Y el superviviente sea yo Cuando le debamos todo al banco Y aun así nos pidan comisión. Resistiré, otra legislatura Aguantaré, los años de gobierno del PePé a ver qué hacen sin poder echar la culpa de todas las cosas chungas del país a ZetaPé Resistiré, jodido, pero bueno Soportaré, los años de gobierno del PePé sólo por ver cómo nos sacan de la crisis…. Resistiré resistiré ….

Ningún comentario: